Radio (medio de comunicación)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Radio.
Unha torre de radio.

A radio é unha tecnoloxía que posibilita a transmisión de sinais mediante a modulación de ondas electromagnéticas. Estas ondas non requiren un medio físico de transporte, polo que poden propagarse tanto a través do aire coma do espazo baleiro.

Unha onda de radio orixínase cando unha partícula cargada (por exemplo, un electrón) excítase a unha frecuencia situada na zona de radiofrecuencia (RF) do espectro electromagnético. Outros tipos de emisións que caen fóra da gama de RF son os raios gamma, os raios X, os raios cósmicos, os raios infravermellos, os raios ultravioleta e a luz visible.

Cando a onda de radio actúa sobre un condutor eléctrico (a antena), induce nel un movemento da carga eléctrica (corrente eléctrica) que pode ser transformado en sinais de audio ou outro tipo de sinais portadoras de información.

Aínda que se emprega a palabra radio, as transmisións de televisión, radio, radar e telefonía móbil están incluídas nesta clase de emisións de radiofrecuencia.

En Galicia existen varias cadeas de radio con distintas radiofórmulas, algunhas de distribución estatal e outra de ámbito case exclusivamente galego. As canles oficiais teñen unha presenza en tódalas sete grandes cidades galegas, mentres que outras emisoras son escasas ou de recente implantación. Existen dúas cadeas privadas de ámbito exclusivamente galego: Radio Voz, asociada ó xornal La Voz de Galicia, e Radio Noroeste, do grupo Radio Líder.

Índice

[editar] Linguaxe radiofónica

Con esta denominación non nos referimos á linguaxe oral exclusivamente. A música, o ruído, silencio e os efectos especiais son parte tamén da linguaxe radiofónica.

[editar] A locución

Como medio de comunicación, require unha forma de transmisión concreta. É fundamental para o periodista radiofónico a súa voz, que é a súa ferramenta de traballo. O timbre, o ton, a intensidade, a entoación, o acento, a modulación, a velocidade e os intervalos son os matices que determinan o estilo da radio.

É preciso unha boa vocalización e ler con naturalidade para no caer en erros de tipo gramatical e que se comprenda ben a mensaxe que se desexa transmitir.

A linguaxe radiofónico está composta por unhas regras que fan posíbel a comunicación. Cada unha de elas aporta un valor necesario para a comprensión da mensaxe:

  • A voz aporta a carga dramática.
  • A palabra, a imaxe conceptual.
  • O son describe o contexto físico.
  • A música transmite o sentimento.
  • O silencio, a valoración.

[editar] Xéneros radiofónicos

A radio é o medio propio para unha entrevista, o debate ou un parladoiro. A adaptación dos xéneros periodísticos á radio caracterízase pola riqueza expresiva e o carácter persoal que se incorpora á mensaxe transmitida. As claves para unha boa comunicación son contidos concisos, claros e directos.

Os xéneros radiofónicos poderían clasificarse do seguinte xeito:

[editar] Historia da radio en Galicia

A primeira radio en España foi Unión Radio en Madrid, creada en 1924. En Galicia, os primeiros pasos experimentais déronse en 1932 en Pontevedra e A Coruña. A primeira radio estable foi Radio Galicia, de Compostela, en 1933. En 1934 xurdiron Radio Coruña, Radio Pontevedra e Radio Vigo e en 1935 Radio Ourense, Radio Lugo e Radio Ferrol. Todas estaban asociadas á Unión Radio (que se convertería na cadea SER), menos Radio Ferrol que foi iniciativa da Falanxe, e os seus horarios de emisión inicialmente eran escasos, máis tendo en conta que os receptores eran moi caros. O mundo do galeguismo pronto a utilizou como medio para divulgar os seus ideais e, nun esforzo técnico, se chegaron a emitir en directo á emigración sudamericana tanto o congreso de concellos a favor do Estatuto como a celebración da aprobación poucos días antes do golpe de estado.

Francisco Franco tamén comprendeu a importancia propagandística da radio como medio, e impuxo a censura na lingua e nos contidos. Con todo, emisoras ilegais ou estranxeiras chegarían a superar este obstáculo co tempo, como a BBC, con Francisco Fernández del Riego como figura destacada, e Radio Pirenaica, do PCE.

[editar] Ligazóns externas e frecuencias en Galiza das principais emisoras

Web A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Ferrol Santiago Vigo
Radio Galega 104.8 98.3 98.3 94.7 103.9 96.2 95.1
RNE 1 639 om 801 om 100.6 855 om 639 om 103.1 90.1
RNE 3 94.5 99.6 99.4 94.6 94.5 99.0 97.4
RNE 5 todo noticias 558 om 1098 om 95.1 104.3 95.8 93.7 96.0
RNE Radio clásica 91.6? 88.2? 97.2 88.3 91.6? 98.1 92.1
40 principais 91.0 91.8 87.6 89.1 - 90.6 99.4
Cadea 100 88.7 90.0 92.4 89.6 - 88.4 87.8
Cadea Cope 96.6 88.9 1143 om 106.4 837 om 97.1 900 om
Cadea Dial - 90.8 96.1 91.4 98.5 - 96.9
Europa FM 89.9 94.9 93.3 106.9 99.3 106.1 103.8
Kiss FM - - - - - - 94.0
Radio Marca 89.2 - - - - - 101.9
Radio Líder NW 105.1 105.1 104.5 107.9 105.1 101.8 91.1
M80 97.6 - - 105.1 - - 101.5
Onda Cero 102.7 105.6 98.8 106.9 95.0 104.6 94.0
Cadea Ser 93.4 95.6 1584 om 98.7 - 873 om 100.6
Radio Voz 92.6 105.6 101.4 93.1 105.4 106.1 103.8
MáximaFM - - - 97.8 - - 104.7
om = onda media

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

Ferramentas persoais