Rally Mil Vistas de 1993
Rally Mil Vistas de 1993 | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | Carnota Zas Vimianzo Dumbría Mazaricos |
Organizador | Senra Sport Escudería Berberecho |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Asfalto |
Tramos | 11 |
Distancia tramos | 64,20 km |
Gañadores | |
Piloto campión | Germán Castrillón |
Participantes | |
Pilotos | 36 |
Anterior | Rally Mil Vistas de 1992 |
Seguinte | Rally Mil Vistas de 1994 |
O Rally Mil Vistas de 1993 foi a cuarta edición de dito rally e a última proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 11 de decembro de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]
Data e itinerario[editar | editar a fonte]
O rally estaba previsto para o 3 de outubro de 1993, pero dous días antes anunciouse o seu adiamento por problemas burocráticos.[2] Finalmente celebrouse o 11 de decembro, despois do Rally da Coruña, pechando deste xeito a tempada. Constou de 11 treitos, con saída e chegada en Carnota. Estaban programadas dúas pasadas polos treitos de Carnota, O Ézaro-Mazaricos, Dumbría e Vimianzo, e tres polo de Muros,[3][4] pero o primeiro paso polo Ézaro foi anulado.[1]
Resumo[editar | editar a fonte]
Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón colocáronse en cabeza no primeiro treito e xa non perderon a posición, marcando o mellor tempo en case todos os tramos da carreira.[5] Manuel Senra ocupou a segunda praza durante gran parte do rally, até que a rotura dun palier do seu Peugeot 309 fíxoo abandonar a falta de catro treitos. Miguel Dopico ascendeu así á segunda posición final, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno o leonés Roberto Méndez. O campión da tempada, Arturo Rial, rematou cuarto, tras un par de saídas da estrada nos últimos quilómetros.[1]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Arévalo, Fernando (13 de decembro de 1993). "Castrillón se quedó sin rivales". La Voz de Galicia (en castelán). p. 57.
- ↑ "Aplazado el Rally Mil Vistas de automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1993. p. 52.
- ↑ "Treitos". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020.
- ↑ Arévalo, Fernando (11 de decembro de 1993). "Castrillón, Senra y Rial, favoritos para ganar hoy el Rally 1.000 Vistas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43.
- ↑ "Gañadores dos treitos". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 9 de maio de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clasificación final do rally en ewrc-results.com (en inglés).
Predecesor: Rally da Coruña |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1993 |
Sucesor: ' |