Roberto Veloso Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1919 Baio, España |
Morte | 9 de agosto de 2010 (90 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Roberto Veloso Gómez, nado en Baio (Zas) o 22 de novembro de 1919 e finado na Coruña o 9 de agosto de 2010, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con trinta anos emigrou á Arxentina e instalouse en Buenos Aires traballando como xastre. Participou en 1953 na creación das Mocedades Galeguistas de Buenos Aires e foi nomeado presidente da entidade. Encabezou coa súa sinatura unha carta publicada no periódico Opinión Gallega co título "Varil e lumioso defendemento do idioma galego". Asistiu ao primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en 1956. Tamén colaborou cos emigrantes de Baio recadando diñeiro para a construción das escolas Agra Regueiro na súa vila natal, en colaboración co seu veciño Pepe Collazo. Regresou a Galicia a finais do mes de agosto de 1957. Instalouse en Baio, e en 1961 mercou unha casa no Ceán (Bamiro) onde se dedicou a agricultura e o cultivo da horta.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Balboa López en 1962.