Saltar ao contido

Silveria Espinosa de Rendón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSilveria Espinosa de Rendón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1815 Editar o valor em Wikidata
Sopó, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1886 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Silveria Espinosa de los Monteros y Dávila, nada en Sopó o 20 de xuño de 1815 e finada en Bogotá o 16 de agosto de 1886, máis coñecida como Silveria Espinosa de Rendón, foi unha escritora colombiana, unha das máis importantes do país no século XIX, especialmente pola súa poesía mística.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Sopó o 20 de xuño de 1815,[1] nunha familia de xornalistas.[2] Era filla de Bruno Espinosa de los Monteros, español natural de Sevilla e un dos impresores máis antigos de Bogotá, e da bogotana Antonia Dávila.[3] Foi educada con clases de literatura e de italiano por parte do escritor Juan Francisco Ortiz.[2] Casou dúas veces, a segunda en decembro de 1848 con Telésforo Sánchez Rendón, que era director xeral de impostos,[3] de quen quedou viúva sen chegar a ter fillos.[4]

Como viúva dunha familia próspera, e sen fillos ó cargo, Espinosa dedicouse á actividade literaria, principalmente á poesía.[4] É considerada a escritora colombiana máis antiga despois de Francisca Josefa del Castillo e María Josefa Acevedo de Gómez, e na súa época foi unha das máis coñecidas no estranxeiro.[1] As primeiras obras apareceron na antoloxía El Parnaso Granadino (1848),[5] e despois colaborou con outras como La Guirnalda, El Aguinaldo Religioso (1858), La Lira Granadina (1860), Corona Poética de la Virgen María (1872) e El Parnaso Colombiano (1887), nesta última de maneira póstuma.[1] Tamén participou en diversos xornais colombianos como El Catolicismo, La Caridad, El Mosaico, La Mujer, entre outros, e estranxeiros, como a revista Panorama Universal de Madrid, onde publicou a poesía El canto de Agareno en 1856.[1]

Ademais de poesía, afondou na narrativa histórica, o teatro e a novela diáctica, alén de facer colaboracións en xornais con artigos de costumes, literarios ou morais,[5] así como notas biográficas, descritivas, históricas ou necrolóxicas.[6] Tamén tradiciu obras poéticas dende o italiano.[5] Algunhas obras foron Lágrimas y Recuerdos (1850),[5] un folletón que relata o episodio histórico da expulsión dos xesuítas de Colombia,[3] ou no eido didáctico Educación de las jóvenes.[5][7] Os derradeiros días da súa vida escribiu Consejos a las niñas cristianas, que legou ós colombianos no seu testamento e que se publicou en 1886, despois da súa morte.[2][6][1] Moitas das súas obras quedaron inéditas, tanto en poesía como en prosa.[3]

Morreu o 16 de agosto de 1886, con 71 anos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Laverde Amaya, Isidoro (1895). Bibliografía colombiana (en castelán). Bogotá: Imprenta y Librería de Medardo Rivas. pp. 144–145. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Aristizábal Montes, Patricia (2007). Escritoras colombianas del siglo XIX: identidad y escritura (en castelán). Cali: Universidad del Valle. p. 21. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Torres Caceido, José María (1863). Ensayos biográficos y de crítica literaria sobre los principales poetas y literatos hispano-americanos (en castelán). París: Librería de Guillaumin y Cía. pp. 154–164. 
  4. 4,0 4,1 Caicedo Rojas, José (1891). Recuerdos y apuntamientos, ó cartas miscelaneas (en castelán). Bogotá: Imprenta de Antonio M. Silvestre. pp. 16–22. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Borda, José Joaquín; Vergara, José María (1860). La lira granadina. Colección de poesias nacionales (en castelán). Bogotá: Imprenta de "El Mosaico". p. 7. 
  6. 6,0 6,1 Acosta de Samper, Soledad (1895). La mujer en la sociedad moderna (en castelán). París: Garnier Hermanos. p. 400. 
  7. La Patria. Pequeña revista de Colombia (en castelán). vol. 1. Bogotá: Imprenta de Medardo Rivas. 1877. p. 144.