Saltar ao contido

Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 571 da Forza Aérea Uruguaia
Resumo
Data  13 de outubro do 1972
Causa  Voo controlado contra o terreo
debido a un erro do piloto
Lugar  Glaciar de las Lágrimas,
Departamento Malargüe,
Provincia de Mendoza,
Arxentina, a 3500 m s. n. m. nos Andes,
a 1200 m da fronteira
con Chile
Finados  29
Aeronave
Pasaxeiros  40
Tripulación  5
Superviventes  16

O accidente do voo 571 da Forza Aérea Uruguaia aconteceu o venres 13 de outubro de 1972, cando o Fairchild FH-227D, un voo chárter que o día anterior engalara de Montevideo con destino Santiago de Chile, se estrelou na cordilleira dos Andes. O accidente aéreo e a posterior supervivencia dalgúns dos pasaxeiros pasarían a coñecerse en castelán coma «tragedia de los Andes» e «milagro de los Andes», é dicir, «traxedia dos Andes» e «milagre dos Andes», respectivamente.

Mentres o avión cruzaba os Andes, as nubes agochaban as montañas.[1] Os pilotos creron erroneamente que a aeronave xa sobrevoara Curicó, onde viraría ao norte para iniciar o seu descenso cara o Aeroporto Los Cerrillos da capital chilena. Non se decataron de que as lecturas dos instrumentos indicaban que aínda se atopaban a entre 60 e 70 km de Curicó.

A aeronave comezou a descender antes de tempo mentres aínda sobrevoaba os Andes, impactando deste xeito contra o fío dunha montaña. As dúas ás e a sección da cola desprendéronse da fuselaxe. O resto da fuselaxe escorregouse pola montaña a unha velocidade aproximada de 350 km/h, descendeu uns 750 m e estrelouse contra o xeo e neve do glaciar Las Lágrimas a 3570 m s. n. m. na Provincia de Mendoza, en Arxentina, a tan só 1200 m da fronteira con Chile. As autoridades comezaron decontado a busca do avión e sobrevoaron o lugar do accidente varias veces durante os seguintes días, mais non acadaron enxergar a branca fuselaxe sobre a neve. O 21 de outubro, cancelouse a busca.

A aeronave transportaba a cinco tripulantes e cuarenta pasaxeiros, incluídos dezanove membros do equipo de rugby Old Christians Club, xunto a algúns familiares, simpatizantes e amigos.[2] Tres membros da tripulación e dez pasaxeiros morreron a causa do impacto, mentres que catro persoas finaron durante a primeira noite debido ás xélidas temperaturas e ás súas graves feridas. Nas semanas posteriores finaron doce máis, de entre elas, oito por mor dun alude.

Táboa cronolóxica[editar | editar a fonte]

Día Data Eventos e mortes N.o de finados N.o de desaparecidos N.o de sobreviventes
Día 0 12 de outubro Engalaxe dende Montevideo, Uruguai. 45 sobreviventes
Día 1 13 de outubro Engalaxe, após unha parada, ás 14:18 dende Mendoza, Arxentina.

Colisión ás 15:34. Caen do avión:

  • Gastón Costemalle Jardi (23 anos, estudante de dereito)
  • Jorge Alexis "Alejo" Hounié Sere (20 anos, estudante de veterinaria)
  • Guido José Magri Gelsi (23 anos, estudante de agronomía)
  • Tenente primeiro Ramón Saúl Martínez Rezende (30 anos, navegante)
  • Soldado de primeira Ovidio Joaquín Ramírez Barreto (26 anos, auxiliar de voo)
  • Daniel Gonzalo Shaw Urioste (25 anos, gandeiro e curmán de Eduardo e Adolfo Strauch Urioste)
  • Carlos Alberto Valeta Vallendor (18 anos, estudante)

Finan por mor do choque ou pouco despois:

  • Eugenia Dolgay Diedug de Parrado (50 anos, nai de Fernando Parrado)
  • Coronel Julio César Ferradás Benítez (39 anos, piloto)
  • Esther Horta Pérez de Nicola (40 anos, cónxuxe do médico do equipo de rugby)
  • Felipe Horacio Maquirriain Ibarburu (22 anos)
  • Dr. Francisco Nicola Brusco (40 anos, médico do equipo de rugby)
  • Fernando Vázquez Nebel (20 anos, estudante de medicina)
6 finados 7 desaparecidos 32 sobreviventes
Día 2 14 de outubro Finan durante a primeira noite:
  • Francisco Domingo "Panchito" Abal Guerault (21 anos)
  • Graciela Obdulia Augusto Gumila de Mariani (43 anos, convidada a unha voda)
  • Tenente coronel Dante Héctor Lagurara Guiado (41 anos, copiloto)
  • Julio Martínez-Lamas Caubarrère (24 anos)
10 finados 7 desaparecidos 28 sobreviventes
Día 9 21 de outubro Fina:
  • Susana Elena Alicia Parrado Dolgay (20 anos, irmá de Fernando Parrado)
11 finados 7 desaparecidos 27 sobreviventes
Día 12 24 de outubro Atópanse os cadáveres de:
  • Gastón Costemalle Jardi
  • Jorge Alexis "Alejo" Hounié Sere
  • Guido José Magri Gelsi
  • Tenente primeiro Ramón Saúl Martínez Rezende
  • Soldado de primeira Ovidio Joaquín Ramírez Barreto
16 finados 2 desaparecidos 27 sobreviventes
Día 17 29 de outubro Un alude mata a:
  • Daniel Agustín Maspons Rosso (20 anos)
  • Juan Carlos Menéndez Villaseca (22 anos)
  • Liliana Beatriz Navarro Petraglia de Methol (34 anos, cónxuxe de Javier Methol)
  • Gustavo Diego "Coco" Nicolich Arocena (20 anos, estudante de veterinaria)
  • Marcelo Pérez del Castillo Ferreira (25 anos, capitán do equipo de rugby)
  • Enrique Platero Riet (22 anos, estudante de agricultura)
  • Soldado de primeira Carlos Roque González (24 anos, mecánico do avión)
  • Diego Storm Cornah (20 anos, estudante de medicina)
24 finados 2 desaparecidos 19 sobreviventes
Día 34 15 de novembro Fina:
  • Arturo Eduardo Nogueira Paullier (21 anos, estudante de economía)
25 finados 2 desaparecidos 18 sobreviventes
Día 37 18 de novembro Fina:
  • Rafael Echavarren Vázquez (22 anos, estudante de gandería láctea)
26 finados 2 desaparecidos 17 sobreviventes
Día 60 11 de decembro Fina:
  • Numa Turcatti Pesquera (25 anos, estudante de dereito)
27 finados 2 desaparecidos 16 sobreviventes
Día 61 12 de decembro Roberto Canessa, Fernando Parrado e Antonio Vizintín saen á procura de axuda. 27 finados 2 desaparecidos 16 sobreviventes
Día 62 13 de decembro Atópase o cadáver de:
  • Daniel Gonzalo Shaw Urioste †
28 finados 1 desaparecido 16 sobreviventes
Día 63 14 de decembro Atópase o cadáver de:
  • Carlos Alberto Valeta Vallendor †
29 finados 0 desaparecidos 16 sobreviventes
Día 64 15 de decembro Vizintín retorna á fuselaxe. 29 finados 0 desaparecidos 16 sobreviventes
Día 69 20 de decembro Parrado e Canessa atópanse co carreteiro chileno, Sergio Catalán.
Día 70 21 de decembro 2 persoas son rescatadas:
  • Fernando Seler "Nando" Parrado Dolgay (23 anos)
  • Roberto Jorge Canessa Urta (19 anos)
Día 71 22 de decembro 6 persoas son rescatadas:
  • Daniel Fernández Strauch (26 anos)
  • José Luis Nicolás "Coche" Inciarte Vázquez (24 anos)
  • Álvaro Mangino Schmid (19 anos)
  • Carlos Miguel "Carlitos" Páez Rodríguez (19 anos)
  • Eduardo José Strauch Urioste (25 anos)
  • José Pedro Jacinto María Algorta Durán (21 anos)
Día 72 23 de decembro 8 persoas son rescatadas:
  • Alfredo Daniel "Pancho" Delgado Salaberri (25 anos)
  • Adolfo Luis "Fito" Strauch Urioste (24 anos)
  • Roberto Fernando Jorge "Bobby" François Álvarez (21 anos)
  • Roy Álex Harley Sánchez (20 anos)
  • Javier Alfredo Methol Abal (37 anos)
  • Ramón Mario "Moncho" Sabella Barreiro (21 anos)
  • Antonio José "Tintín" Vizintín Brandi (19 anos)
  • Gustavo Zerbino Stajano (19 anos)

Sobreviventes[editar | editar a fonte]

Os sobreviventes Javier Alfredo Methol Abal e José Luis Nicolás Inciarte Vázquez finaron, por mor dun cancro, en 2015 e 2023, respectivamente.[3] Na actualidade, os demais sobreviventes do accidente aéreo aínda viven.

Nome Idade Ocupación Notas
Adolfo Luis "Fito" Strauch Urioste 24 Estudante de enxeñaría agrónoma
Alfredo Daniel "Pancho" Delgado Salaberri 25 Licenciado en dereito
Álvaro Mangino Schmid 19 Estudante de enxeñaría técnica agropecuaria
Antonio José "Tintín" Vizintín Brandi 19 Estudante de dereito
Carlos Miguel "Carlitos" Páez Rodríguez 19 Estudante de enxeñaría técnica agropecuaria
Daniel Fernández Strauch 26 Enxeñeiro agrónomo
Eduardo José Strauch Urioste 25 Estudante de enxeñaría agrónoma
Fernando Seler "Nando" Parrado Dolgay 23 Estudante de enxeñaría mecánica
Gustavo Zerbino Stajano 19 Estudante de medicina
Javier Alfredo Methol Abal 37 Empresario — Finado en 2015
José Luis Nicolás "Coche" Inciarte Vázquez 24 Estudante de enxeñaría agrónoma — Finado en 2023
José Pedro Jacinto María Algorta Durán 21 Estudante de economía
Ramón Mario "Moncho" Sabella Barreiro 21 Estudante de enxeñaría agrónoma
Roberto Fernando Jorge "Bobby" François Álvarez 21 Estudante de enxeñaría agrónoma
Roberto Jorge Canessa Urta 19 Estudante de medicina
Roy Álex Harley Sánchez 20 Estudante de enxeñaría industrial

Obras[editar | editar a fonte]

Cinema e televisión[editar | editar a fonte]

  • Supervivientes de los Andes (1976) — Produción cinematográfica mexicana dirixida por René Cardona Jr. e baseada no libro Survive!, de Blair.
  • Alive (1993) — Longametraxe dirixida por Frank Marshall, narrado por John Malkovich e protagonizado por Ethan Hawke, baseada no libro homónimo de Read. O sobrevivente Nando Parrado, participou coma conselleiro técnico do filme.[4]
  • Alive: 20 Years Later (1993) — Documental producido, dirixido e escrito por Jill Fullerton-Smith e narrado por Martin Sheen. Expón as vidas dos sobreviventes vinte anos despois do accidente e relata a súa participación no filme Alive.
  • La sociedad de la nieve (2007) — Escrito e dirixido por Gonzalo Arijón, é un documental entrelazado con escenas dramatizadas. Entrevístase a tódolos sobreviventes, amais dalgúns familiares e persoas envoltas no rescate. Documentase unha expedición na que os sobreviventes retornan ao lugar do accidente. O filme estreouse en 2007, no Festival Internacional de Cinema Documental de Ámsterdam, onde recibiu o premio Joris Ivens.[5]
  • «Trapped: Alive in the Andes» (7 de novembro de 2007) — Episodio da tempada 1 da serie de televisión e documental Trapped, de National Geographic. A serie examina os incidentes que deixaron aos sobreviventes atrapados durante o período do accidente.

Notas[editar | editar a fonte]