Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Krzysztof Penderecki
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Krzysztof Penderecki[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobada
Período de votación: 27 de abril de 2016 - 27 de maio de 2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 27 de abril de 2016 ás 23:15 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 27-04-2016 ata o 27-05-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo extenso, debidamente referenciado, ilustrado, completo... sobre un compositor moi destacado da segunda metade do século XX. Conta con moita información biográfica, así como da súa obra. É con moito o artigo sobre o compositor polaco máis extenso e referenciado de todas as Wikipedias. O artigo escapa das listas, non incluíndo enormes listas de composicións, que aparecen nun artigo independente, nin de galardóns. Estivo a piques de ser escollido artigo de calidade en 2014 (ano no que foi destacado na portada), polo que xa foi revisado (para ambas votacións) e veño de facer algunha outra achega con algo (pouco) máis de información, reorganizando a estrutura do artigo e engadindo e cambiando a localización de algunha outra imaxe para tentar evitar saturacións. Esperemos conseguir un voto máis que hai dous anos e así converterse en artigo de calidade. Considero que por extensión, verificabilidade, estética e contidos cumpre con todos os criterios para ser artigo de calidade. --Piquito (conversa) 27 de abril de 2016 ás 23:15 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --ArtaiGZ (conversa) 28 de abril de 2016 ás 16:39 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2016 ás 21:39 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:51 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 6 de maio de 2016 ás 23:31 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 19 de maio de 2016 ás 15:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --Alberte Si, dígame? 22 de maio de 2016 ás 11:22 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario
- Segundo a RAG é "semitón" e non "semitono". Cambiei tamén a "tritón", revisa con alguén máis experto en lingüística por se non é correcto. Feito! Revisión lingüística de Miguelferig.
- "Ensoñamento" non aparece na RAG. Supoño que se podería dicir "encantamento" como sinónimo. Feito!
- WP:PVN: Só cheguei ata a primeira parte da traxectoria. Os xuízos e valoracións e a linguaxe laudatoria, ademais de ir referenciada, deber ir acompañada dunha mención o autor da valoración, e se non neutralizarse na medida do posible. Feito!
- 1x Actualmente: "A data de..." ou "No ano..." é máis axeitado para non quedar desactualizado. Feito!
- As afirmacións indicadas nas notas precisan referencias, ben das que xa se usan noutras partes do texto, ben outras a maiores. Sobre todo a que contén unha cita textual. Feito!
- +1 cómpre ref en "Dende 1970", onde se indican os seus alumnos. Feito!
☣Banjo tell me 28 de abril de 2016 ás 08:23 (UTC)[responder]
- Comentario. Banjo, quedan solucionados os tres últimos puntos. Sobre o punto de vista neutral, se consideras que hai algo escrito de xeito laudatorio podes mudalo sen problema como xa fixeches, porén penso que eliminar a mención ao Premio Príncipe de Asturias como un premio prestixioso é un pouco radical, non creo que nese caso sexa laudatorio, o Príncipe de Asturias é un premio de prestixio e non creo que sexa disparatado poñelo, é algo amplamente aceptado (púxeno de novo, só ese caso, aínda que a xeración de compositores de talento de Polonia tamén é algo amplamente aceptado, pero aí xa non me meto). O "actualmente" foi substituído pola data de estrea da obra. Polo que respecta ás citas nas notas aclaratorias, non estaban indicadas porque esas aclaracións estaban referenciadas na mesma referencia que acompañaba á frase que pretenden aclarar (viña sendo poñer dúas referencias iguais seguidas... eu non as vexo necesarias e por iso non as puxen, pero queda feito). Quedan tamén referenciados os alumnos de Penderecki. Sobre todo o que se refire á lingua eu pouco podo facer, quedará confiar en que algún usuario con coñecementos de lingua como Miguelferig ou Elisardojm lean e corrixan o que vexan oportuno, xa que eu teño limitacións neste sentido. Un saúdo e grazas polas observacións. Piquito (conversa) 28 de abril de 2016 ás 22:48 (UTC)[responder]
Comentario Banjo e Piquito, en relación a ensoñamento o termo orixinal en polonés é zadumy que segundo o tradutor do google (fonte inesgotable de coñecementos lingüísticos) traduciríase como reflexións, que ben podería valer para este caso. --Gobraves (conversa) 3 de maio de 2016 ás 18:42 (UTC)[responder]
- Grazas Gobraves! Se me podes dicir onde está xa o miro e o cambio. Piquito (conversa) 3 de maio de 2016 ás 18:48 (UTC)[responder]
- Xusto onde dí Un mar de soños respiraba en min... Cancións de ensoñamento e nostalxia, no apartado Desde 1970, xusto antes de Vida persoal.--Gobraves (conversa) 3 de maio de 2016 ás 18:50 (UTC)[responder]
- Feito! Grazas de novo pola observación, Gobraves! Piquito (conversa) 3 de maio de 2016 ás 19:13 (UTC)[responder]
- Xusto onde dí Un mar de soños respiraba en min... Cancións de ensoñamento e nostalxia, no apartado Desde 1970, xusto antes de Vida persoal.--Gobraves (conversa) 3 de maio de 2016 ás 18:50 (UTC)[responder]
- Grazas Gobraves! Se me podes dicir onde está xa o miro e o cambio. Piquito (conversa) 3 de maio de 2016 ás 18:48 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Krzysztof Penderecki (2014)[editar a fonte]
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 15-04-2014 - 15-05-2014
SI: 4 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:11 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 15-04-2014 ata o 15-05-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Non creo que deba ser eu quen fale das virtudes do artigo. --Piquito (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:11 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo Moi completo, e que aporta moita info con respecto das wikis noutros idiomas.--Tommyhilfiger (conversa) 15 de abril de 2014 ás 12:40 (UTC)[responder]
- Concordo É un bo traballo, e como tal, merece recoñecemento. --Pontevedra78 conversa 15 de abril de 2014 ás 13:06 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 17:02 (UTC)[responder]
- Concordo--Miguelferig (conversa) 24 de abril de 2014 ás 17:38 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Está pendente facer o artigo principal e os véxase tamén. Se ninguén o fai antes, nos próximos días farei a lista, e logo xa os outros dous. Piquito (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:11 (UTC)[responder]
- Comentario. O apartado vida persoal, ou aumentalo ou poñelo dentro da traxectoria no ano que lle corresponda (a partir de 1970, que é cando casou), pero deixar dúas liñas é un pouco ridículo. Facer os artigos principais. --AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:31 (UTC)[responder]
- Como querades, eu non lle vexo moito xeito a meter esa información na traxectoria, habería que refacer un pouco o principio da sección na que iría, que está máis adicada ao plano profesional, ou incluir un paragrafiño coa información do casamento e dos seus fillos ao principio da sección, o problema é que logo o seguinte parágrafo iría ao ano antes do casamento. Se credes que se debe eliminar a sección e poñela na traxectoria intento darlle unha volta máis para ver cómo podemos facer, e se acaso eliminamos toda esa información, que tampouco é tan importante. Piquito (conversa) 20 de abril de 2014 ás 10:47 (UTC)[responder]