¡Basta Ya!
¡Basta Ya! era unha iniciativa cidadá española que inicialmente estivo formada por persoas de diversas ideoloxías, co triplo propósito de opoñerse ao terrorismo en calquera das súas formas, apoiar as vítimas, e defender o Estado de dereito, a Constitución Española[Cómpre referencia] e o Estatuto de Autonomía do País Vasco[Cómpre referencia]. En 2010 era contraria ao nacionalismo vasco[Cómpre referencia] e á política antiterrorista do PSOE[Cómpre referencia].
Historia e características
[editar | editar a fonte]Pese ao carácter universalista dos seus ideais, a organización ten a súa razón de ser na oposición ao terrorismo de ETA. ¡Basta Ya! caracterízase polo seu carácter activista[Cómpre referencia], posto que non só defenden os mencionados ideais, senón que tamén os promoven mediante a convocatoria de manifestacións e actos de protesta.
No ano 2000 recibiu do Parlamento Europeo o Premio Sajarov, premio concedido a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e as liberdades. En maio de 2007, coa colaboración moitos dos seus membros, xurdiu no seu seo unha plataforma, a Plataforma Pro, cuxo obxectivo era a creación dun novo partido político español como alternativa ao PP e ao PSOE, partido plasmado en Unión Progreso y Democracia.
Membros
[editar | editar a fonte]Coñecidos membros da plataforma son Jon Juaristi, Joseba Pagazaurtundua (asasinado por ETA no 2003), Maite Pagazaurtundua, Arcadi Espada, Carmen Igresias, Javier Urquizu, Iñaki Ezkerra, Agustín Ibarrola, Rosa Díez, Mikel Azurmendi e Fernando Savater.