Saltar ao contido

Àlex Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÀlex Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Sant Hipòlit de Voltregà, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2010 CP Voltregà
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2016 CP Voltregà
2016–2021 Reus Deportiu
2021–2023 Hockey Club Liceo da Coruña
2023– CP Voltregà

Àlex Rodríguez Dalmau, nado en Sant Hipòlit de Voltregà o 10 de setembro de 1993, é un xogador de hóckey a patíns español, que xoga de dianteiro no CP Voltregà, da OK Liga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun galego orixinario da provincia de Ourense que se instalara en Cataluña durante a infancia, naceu en Sant Hipòlit de Voltregà, onde aprendeu a xogar ao hóckey a patíns seguindo os pasos de seus irmáns Carles e Dani.[1][2] Ingresou de pequeno no club de hóckey a patíns da súa vila, o CP Voltregà, e pasou por tódalas categorías da canteira ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou na OK Liga con 17 anos.[3][4] Xogou cinco anos na máxima categoría co Voltregà, ata que en 2016 deixou o club barcelonés, despois de 20 anos na súa disciplina.[1]

Fichou entón polo Reus, club no que militou durante as seguintes cinco campañas, gañando unha Supercopa de España e a Liga Europea 2016/17. Marcou máis de 150 goles no club tarraconense e na súa última tempada (2020/21) proclamouse máximo goleador da OK Liga, con 52 tantos, 10 máis que o portugués João Rodrigues, segundo clasificado.

En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Liceo.[5] Na súa primeira campaña na Coruña marcou 21 goles e repartiu 13 asistencias na liga regular, na que o equipo dirixido por Juan Copa acabou segundo. Xa na pelexa polo título, Àlex Rodríguez tivo un papel fundamental, sendo o máximo goleador dos play-offs con 10 dianas, contribuíndo así a que o Liceo conquistase a oitava liga da súa historia.[6] Xogou unha segunda campaña no equipo coruñés, logrando o subcampionato de liga. En xuño de 2023 o club anunciou que o xogador non seguiría na entidade na vindeira tempada.[7]

Un mes despois oficializouse o seu regreso ao Voltregà.[8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Reus
Liceo
  1. 1,0 1,1 Zaballa, Pablo (16 de febreiro de 2023). "Àlex Rodríguez: "Cuando llegué al Liceo me empapé de su ADN"". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  2. Varela, María (23 de setembro de 2022). "Álex, en el nombre del padre". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  3. Zaballa, Pablo (4 de febreiro de 2022). "Àlex Rodríguez: “Cuando entro en la pista soy un rival más”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  4. Varela, María (3 de febreiro de 2021). "Álex Rodríguez, camino de A Coruña". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  5. Gómez Cundíns, Pablo (3 de xullo de 2021). "El Deportivo Liceo ficha al máximo goleador de la OK Liga, Àlex Rodríguez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  6. "El Deportivo Liceo, campeón de la OK Liga por octava vez en su historia". Sport (en castelán). 17 de xuño de 2022. Consultado o 19 de marzo de 2023. 
  7. "Bruno Di Benedetto, Mati Bridge, Pol Manrubia e Àlex Rodríguez non continuarán no Liceo". 16 de xuño de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  8. "El CP Voltregà hace oficial el regreso de Álex Rodríguez" (en castelán). 18 de xullo de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]