Á de mosca
Á de mosca | |
---|---|
Autor/a | Aníbal Malvar |
Cuberta | X. M. Albán |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Negra |
Xénero(s) | novela negra |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | 1998 |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 248 |
ISBN | ISBN 84-8302-210-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Á de mosca é unha novela do ano 1998 escrita por Aníbal Malvar.
Trama
[editar | editar a fonte]Carlos Ovelar, un fotógrafo freelance galego residente en Madrid. Antigo traballador dos servizos estatais de intelixencia, é chamado polo marido da súa ex muller para que atope á filla, desaparecida recentemente. Malia que só estivera unha vez coa rapaza, e que as relacións coa súa ex muller son inexistentes, decide ir.
Coa axuda do Gualtrapa, outro exmembro dos servizos de intelixencia, ao igual que o pai de Carlos, descubrirá que Ania, a desaparecida, está en relación cos fillos dun dos capos do tráfico de cocaína, residente na Illa de Arousa, e que a súa desaparición está relacionada co roubo de trinta quilos de droga.
Narración
[editar | editar a fonte]Está ambientada a medio camiño entre Santiago de Compostela e o Salnés. Está narrado en primeira persoa polo protagonista.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao castelán por Susana Veiga co título de Ala de mosca publicado en 2009 pola Editorial InÉditor[1].
- Ao francés por Helène Serrano co título de Comme un blues publicado en 2017 por Asphalte éditions, col. Fictions[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ficha na páxina da editorial Arquivado 21 de decembro de 2005 en Wayback Machine.