Ácido quermésico
O ácido quermésico é un ácido monocarboxílico e unha tetrahidroxiantraquinona, concretamente a 3,5,6,8-tetrahidroxi-9,10-antraquinona, substituída por grupos metilo e carboxilo nas posicións 1 e 2, respectivamente.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A raíz quernes- deriva do árabe qirmiz, "cochinilla".[2]
Fórmula química
[editar | editar a fonte]A súa fómula molecular é C16H10O8, e o seu nome na IUPAC é ácido 3,5,6,8-tetrahidroxi-1-metilo-9,10-dioxoantraceno-2-carboxílico.[1]
Propiedades
[editar | editar a fonte]É unha tintura natural vermella intensa,[3] illada nas especies de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos (cochinillas) pertencentes ao xénero Kermes, especialmente de Kermes vermilio, a cochinilla do carrasco,[1] así chamada porqie vive como parasito no carballo carrasco.
Ten un papel como metabolito animal e como colorante para tinguir.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Kermesic Acid en PubChem (en inglés).
- ↑ KERMÈS no Trésor de la Langue Française informatisé.
- ↑ Claire Giry-Lozinguez (17 de outobro de 1995): Dominique Cardon... Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine., en Libération (en francés). Consultada o 12 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazónbs externas
[editar | editar a fonte]- Cooksey, C. J. (2018): "The red insect dyes: carminic, kermesic and laccaic acids and their derivatives" (Resume). Biotechnic & Histochemistry 94 (2): 100-107.
- Kermesic acid en National Institutes of Health (NIH) (en inglés).
- CHEBI:90183 - kermesic acid en ChEBI (en inglés).