Saltar ao contido

Álex Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlex Sala
Biografía
Nacemento9 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Viladecans, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Álex Sala Herrero, nado en Viladecans o 9 de abril de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista defensivo no Córdoba, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Viladecans, comezou a xogar ao fútbol na canteira do club da súa vila, a UD Viladecans, antes de ingresar en 2011 nas categorías inferiores do FC Barcelona. Posteriormente pasou tamén polas canteiras do Cornellà, o Gavà e o Hospitalet.

O 2 de setembro debutou co primeiro equipo do Hospi na Terceira División, nunha vitoria por 1-0 ante a UE Llagostera. O 16 de xaneiro seguinte, despois de cinco partidos máis co primeiro equipo, regresou ao Barça para xogar co xuvenil A.[1]

Tras rematar a súa etapa como xuvenil quedou sen oco no equipo B do Barcelona e pasou seis meses sen xogar durante a campaña 2020/21 ata que rescindiu o seu contrato co club o 5 de xaneiro de 2021.[2] A continuación pasou ao Girona FC, para xogar inicialmente co filial na Terceira División. O 14 de novembro de 2021 debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Ibrahima Kebe no treito final dun triunfo por 2-0 sobre o FC Cartagena.[3] O 11 de xullo seguinte, renovou o seu contrato co club ata 2025, ascendendo definitivamente ao primeiro equipo.[4]

O 29 de agosto de 2022, Sala e o seu compañeiro Pau Víctor foron cedidos ao Sabadell, da Primeira Federación.[5] Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Córdoba.[6]

No verán de 2024, despois de axudar ao Córdoba no seu ascenso á Segunda División, asinou un contrato por dous anos co club.[7]

  1. "El Barça ficha a Álex Sala para el Juvenil A" (en castelán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  2. "El Barça B pierde calidad en la sala de máquinas" (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  3. "El duelo entre los mejores '7' se lo llevó... Stuani" (en castelán). 14 de novembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  4. "El Girona asegura su futuro: Álex Sala renueva hasta 2025" (en castelán). 11 de xullo de 2022. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  5. "Pau Víctor i Àlex Sala, cedits al Sabadell" (en catalán). Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  6. "Àlex Sala, cedit al Córdoba CF" (en catalán). 11 de xullo de 2023. Consultado o 20 de setembro de 2024. 
  7. "Alex Sala, jugador del Córdoba CF hasta 2026" (en castelán). 2 de xullo de 2024. Consultado o 20 de setembro de 2024.