Saltar ao contido

Álvar Enciso Fernández Valderrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álvar Enciso
Información persoal
Nome completo Álvar Enciso Fernández Valderrama
Nacemento 27 de febreiro de 1974 (50 anos)
Lugar Valladolid, España
Altura 1,81 m.
Peso 85 kg.
Posición Centro
Carreira sénior
Anos Equipos
1992-2007 España C.R. El Salvador
Selección nacional
1993-2006 España España 70 caps

Álvar Enciso Fernández Valderrama, nado o 27 de febreiro de 1974 en Valladolid, é un ex xogador de rugby, internacional 70 veces coa selección española entre 1993 e 2006. Xogaba na posición de centro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álvar Enciso foi un xogador dun só club. Formado na canteira do Club de Rugby El Salvador dende os 10 anos, botou toda a súa carreira no equipo até a súa retirada en 2007, acadando catro títulos de liga e cinco títulos de copa entre outros trofeos. Durante oito anos foi o capitán do El Salvador. Debutou na selección con 18 anos de idade e en 1999 participou no único mundial que xogou España. Foi internacional absoluto 70 veces entre 1993 e 2006, e tamén xogou na selección de rugby a sete entre 1995 e 2001.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Fillo da atleta Pilar Fernández Valderrama, practicou atletismo na súa infancia. É arquitecto de profesión e ten catro fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]