Saltar ao contido

Álvaro García Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlvaro García Diéguez
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Deportivo da Coruña
17 de setembro de 2023 – 11 de outubro de 2024
← Antonio CouceiroJuan Carlos Escotet Rodríguez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngestor bancário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Álvaro Valentín García Diéguez, nado na Coruña o 5 de marzo de 1959, é un director de banco e profesor universitario galego. Entre xullo de 2023 e outubro de 2024 foi presidente do Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou un mestrado en Mercadotecnia Empresarial pola Universidade Politécnica de Madrid.[1] Traballou durante décadas no sector financeiro, ocupando entre outros os cargos de director de deseño y desenvolvemento de negocio de Caixa Galicia (2005-2010), director de negocios especializados de Novacaixagalicia (2011-2015), director de operacións de Novagalicia Banco e director xeral da sección de seguros de Abanca (2015-2023). Foi tamén profesor da Facultade de Economía e Empresas da Universidade da Coruña.

En 2023 foi nomeado presidente do Deportivo da Coruña por Abanca, propietaria do club.[1] Durante a súa presidencia o club conseguiu o ascenso á Segunda División como campión absoluto da Primeira Federación. Ocupou o cargo ata o 11 de outubro de 2024, cando foi substituído polo propio propietario do club e presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet.[2]

  1. 1,0 1,1 "Álvaro García Diéguez, novo presidente do RC Deportivo". 17 de setembro de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023. 
  2. "Escotet, ratificado como novo presidente do Deportivo". 11 de outubro de 2024. Consultado o 12 de outubro de 2024.