Álvaro Landeira Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Ribeira | |
1960 – 1963 ← Miguel Rodríguez Bautista – Félix García Arriaga → | |
Actividade | |
Ocupación | político, telegrafista |
Álvaro Landeira Martínez foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario de Telégrafos destinado en Vilagarcía de Arousa en 1934, e despois en Pontevedra. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo durante seis meses.[1] Nos anos cincoenta era xefe de Telégrafos de Ribeira. Logo da morte de Miguel Rodríguez Bautista, sucedeuno Andrés Filgueira Paz como alcalde interino e posteriormente foi nomeado alcalde de Ribeira polo gobernador civil Evaristo Martín Freire. Ao acto de toma posesión asistiu o marqués de Revilla, Joaquín Otero Goyanes. Permaneceu no cargo até 1963. Foi deputado provincial polo distrito de Noia de 1961 a 1963.[2]
Predecesor: Miguel Rodríguez Bautista |
Alcalde de Ribeira 1960 - 1963 |
Sucesor: Félix García Arriaga |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ribeira con Milagros Fariña Puente en setembro de 1934,[3] e foi pai de Milagros e Álvaro Landeira Fariña.