Álvaro Pérez López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1973 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Álvaro Pérez López, nado na Coruña o 13 de febreiro de 1973, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en dereito, exercendo como avogado desde 1997 e colaborando cun despacho da capital herculina como especialista en dereito medioambiental[1]. Foi asesor técnico da Consellería de Medio Ambiente (1999-2002), foi profesor de dereito ambiental da Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2002), foi asesor para asuntos parlamentarios na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (2002-2005) con Alberto Núñez Feijóo e coordinador do grupo popular no Parlamento de Galicia (2005-2009). Tras a vitoria de Núñez Feijóo en 2009 asumiu a dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta (2009-2012), cesando[2] para ir no número 10 nas listas do PPdeG na provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2012,[3] resultando elixido pero renunciou á acta tras a toma de posesión de Núñez Feijóo para asumir de novo a dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta o 14 de decembro de 2012.[4]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ thesauro.com
- ↑ ""Feijóo destituye a siete altos cargos para llevarlos en las listas del PPdeG", La Voz de Galicia, 13 de setembro de 2012". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015.
- ↑ "PP de Culleredo". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2015. Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Feijóo presidiu a toma de posesión do director xeral do Gabinete da Presidencia, Álvaro Pérez López Sala de Comunicación, Xunta de Galicia, 14 de decembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Parlamento de GaliciaArquivado 09 de agosto de 2020 en Wayback Machine.