Ampelos
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Ἄμπελος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Mitoloxía grega e Mitoloxía romana ![]() |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) ![]() |
Ampelo, Ámpelo ou Ampelos (do grego antigo Αμπελος, "cepa de vide"),[1] na mitoloxía grega, era o fillo dun sátiro e dunha ninfa, amais do amante do deus Dioniso.

Lenda
[editar | editar a fonte]Era coñecido por relacionarse docilmente coas feras da natureza, salvo cunha da cal estaba advertido por Dioniso, o touro. Certo día un touro apareceu na ribeira do río no que se atopaba Ampelo e este decidiu montalo; todo ía ben, pero de súpeto o touro comezou a correr e Ampelo perdeu o control, caendo ó chan, rompendo o pescozo e sendo arrastrado por unha hasta do touro durante uns cantos metros. Dioniso descubriu o seu corpo, e grazas a iso o deus que nunca choraba comezou a chorar. Nese momento naceu do corpo de Ampelo unha vide e grazas á súa morte naceu o viño, polo cal sería famoso Dioniso.
Segundo outra versión, o deus agasallouno cun acio de uvas que colgou dunha árbore. Ao querer collelo, Ampelo rubiu á árbore mais acabou caendo dela e matouse e Dioniso o converteu nunha constelación.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1989). Diccionario de mitología griega y romana (en castelán) (1ª (1981), 4ª reimpr. 1989 ed.). Barcelona: Paidós. ISBN 84-7509-166-0.