Saltar ao contido

Lingua grega antiga

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grego antigo
Ἑλληνική
Hellēnikḗ
Falado en: Leste do Mediterráneo
Extinción: século -IX até o século VI
Familia: Indoeuropea
 Helénica
  Grego antigo
Escrita: Alfabeto grego
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: grc
ISO 639-3: grc
Mapa

Extensión da lingua grega antiga.
Status

O grego antigo (ἡ Ἑλληνικὴ γλῶττα hē Hellēnikḕ glō̃tta) é unha das linguas indoeuropeas, chegada a Grecia entre os séculos XXV e XVII antes da nosa era. Posteriormente deu pé ao grego moderno.

Dialectoloxía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dialectos gregos.

En orixe, había unha gran variedade de dialectos, reunidos en catro grupos: arcado-chipriota-panfilio, occidental ou dórico, eolio e xónico-ático.

Falar do grego antigo non ten moito sentido se se quere referir a un dos idiomas antigos: nos feitos, porén, o grego designa o dialecto de Atenas. O ático (dialecto do grupo xónico-ático), lingua da antiga Atenas, é a lingua na que se escribiu a maioría da literatura grega clásica. Baixo a influencia de Alexandre o Grande, o emprego dos dialectos refreouse, de sorte que o mundo grego utilizase a κοινή koiné, lingua común (é o senso do adxectivo κοινός koinós) xurdida de varios dialectos do grupo xónico-ático. Esta permitíalle comunicarse co seu exército e ensinábase aos habitantes das rexións conquistadas, converténdose así na lingua franca da Antigüidade, en competencia co latín. A koiné converteuse pronto na lingua oficial do Imperio romano de Oriente, antes de continuar a evolucionar para dar lugar ao grego moderno de hoxe.

Escrituras

[editar | editar a fonte]

A primeira forma de escritura testemuñada para notar un dialecto grego é o lineal B, un silabario sen relación co alfabeto grego, que servía para transcribir unha forma arcaica dun dialecto do que máis tarde derivan os do grupo arcado-chipriota-panfilio, o micénico empregado en Grecia continental e en Creta entre -1550 e -1200 aproximadamente. Entre -800 e -200, unha escritura próxima, o silabario chipriota, foi utilizada en Chipre. Este silabario podería descender do chipro-minoico (cf. infra).

Compre notar que existiron en Grecia escrituras máis antigas que o lineal B e o chipriota, sen que se saiba se serviron para escribir o grego:

A continuación empregouse o alfabeto grego, herdado dos Fenicios e do seu alfabeto, que tivo diferentes versións (chamadas epicóricas) a partir dos séculos IX ou VIII e que logo se normalizou e se impuxo ao resto do mundo helenófono por Atenas en -403. Ao engadiren as vogais a este abjad semítico, os Gregos son os inventores dos alfabetos occidentais. En efecto, tomado prestado polos Etruscos (cf. Alfabeto etrusco), que o transmitiron aos romanos, deu lugar ao alfabeto latino, pero tamén, sen pasar polos etruscos, ao alfabeto gótico, ao cirílico, ao alfabeto copto,...

A historia do alfabeto grego constitúe un artigo separado.

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico
Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

O grego antigo é unha lingua con acento de altura, que posúe dúas (ou tres, segundo as interpretacións) entoacións: aguda e circunflexa (cf. Acentuación do grego). Caracterízase tamén por un sistema de consoantes aspiradas e por un xogo de oposicións de cantidades vocálicas. Hai moitas regras de sandhi, tanto internas como externas.

Ao pasar do indoeuropeo ao grego, a lingua sufriu moitas modificacións fonéticas. As máis importantes explícanse coa lei de Grassmann, a lei de Osthoff e a lei de Rix. Nótase tamén por outra banda que o grego permite restituír en moitos casos a coloración das laringais IE. Na clasificación tradicional das linguas indoeuropeas aparece como unha lingua centum.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

O grego, como outras linguas indoeuropeas antigas, é altamente flexiva. Ademais de polo emprego de desinencias, o grego se caracteriza por procedementos herdados do indoeuropeo como a alternancia vocálica, o uso da reduplicación e do aumento nos verbos.

Sistema nominal

[editar | editar a fonte]

Os nomes distinguen cinco casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo), tres xéneros (masculino, feminino e neutro, ás veces reducidos a unha oposición animado / inanimado) e tres números (singular, dual, plural e colectivo para os neutros). O grego moderno xa non emprega o dativo, excepto en certas expresións como en taxei, pero os outros casos consérvanse xeralmente.

Hai tres grandes tipos de declinacións, tanto para os nomes como para os adxectivos (tipo en -α/η, tipo temático en -ος e tipo atemático), que, á súa vez, teñen subtipos. Os pronomes seguen un sistema propio e que, por ter influenciado os tipos nominais,non está moi separado destes.

A complexidade da flexión nominal vén da súa riqueza.

Sistema verbal

[editar | editar a fonte]

Os verbos teñen tres voces (activa, media e pasiva), tres persoas e tres números. Conxúgase en seis modos, catro persoais (indicativo, imperativo, subxuntivo e optativo) e dous impersoais (infinitivo e participio). Hai sis tempos (presente, imperfecto, aoristo, futuro, perfecto e pluscuamperfecto), repartidos de maneira desigual entre os modos. Existen algunhas formacións secundarias, como o futuro anterior.

Ademais do tempo, o verbo expresa sobre todo, de maneira moi precisa, tres aspectos (imperfectivo, aspecto cero e estático) e moitos modos de proceso (incoativo, iterativo, frecuentativo etc.). só o indicativo marca tempo: en todos os outros modos, só se indica aspecto.

Hai dúas grandes categorías de conxugacións: os temáticos (ou verbos en -ω) e os atemáticos (chamados verbos en -μι). Estas categorías divídense nun gran número de subcategorías. O sistema verbal é moi complexo pois a flexión xoga con moitos procedementos, como a alternancia vocálica, a sufixación o xogo de desinencias, o emprego dunha vogal temática, o aumento e a reduplicación. A todos estes procedementos hai que engadir as modificacións fonéticas importantes no seo dun mesmo paradigma.

Así, non é esaxerado dicir que hai máis verbos irregulares que regulares.

Influencia do grego antigo sobre as linguas modernas

[editar | editar a fonte]

Palabras cultas e raíces gregas

[editar | editar a fonte]

Un gran número de palabras en latín, galego, castelán, francés e inglés, por non citar máis linguas, son de orixe grega e a maioría dos neoloxismos cultos utilizados polo mundo adiante están forxados con raíces gregas (a miúdo mesturadas con radicais latinos). Só unhas poucas linguas, como o islandés de xeito sistemático e, nunha menor medida, o alemán, non empregan estas raíces, senón que traducen por calco os termes cultos gregos a través de raíces que lles son propias.

Palabras correntes

[editar | editar a fonte]

Palabras como bodega ou carácter' veñen tamén do grego. Pasadas polo latín e herdadas como tal no galego (ou a través doutra lingua), sufriron as mesmas modificacións fonéticas que as outras palabras herdadas e agora están moi separadas do seu étimo grego: cómpre recoñecer tras elas ἀποθήκη apothếkê e χαρακτήρ kharaktếr.

O dédalo sincrónico do cosmos político

[editar | editar a fonte]

Velaquí, para ilustrar a omnipresenza do grego nas linguas occidentais, un extracto dun texto de Xenofonte Zolotas (Ξενοφών Ζολώτας) no que cada palabra (agás as gramaticais) é de orixe grega:

Sen apostrofar a miña retórica no énfase e na plétora, analizarei elipticamente, sen galicismo ningún, o dédalo sincrónico do cosmos político caracterizado por síndromes de crise que paralizan a organización sistemática da nosa economía. Nós somos periodicamente escépticos e neurasténicos ante estes paroxismos perifrásicos, esta bulimia dos demagogos, estas hipérboles, estes paradoxos hipócritas e cínicos que simbolizan unha democracia anacrónica e caótica. Os fenómenos fantásticos que nos profetizan para a época astronómica han destronar os programas raquíticos, híbridos e esporádicos do noso ciclo atómico. [...]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]