Ángel 'Cholo' Armada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel Armada Álvarez ![]() 1929 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 22 de outubro de 2006 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | deportista ![]() |
Deporte | vela ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Ángel Armada, máis coñecido por Cholo Armada, nado en Vigo en 1929 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 2006,[1] foi un dos maiores regatistas da vela galega.
Nado nunha familia de empresarios do sector náutico (o seu pai, Ángel Armada Armada, fundara Astilleros Armada en 1924), desempeñou toda a súa carreira profesional e deportiva vencellada ao mundo da vela. Laboralmente dirixindo o estaleiro da familia, e deportivamente sendo un pioneiro como deportista en Galiza e unha referencia indispensable tamén na parte administrativa.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Empezou a navegar relativamente tarde, á idade de 23 anos, e despois de ensaiar con distintos tamaños decantouse axiña pola clase snipe, embarcacións tradicionais de madeira para dous tripulantes, con dez metros cadrados de superficie vélica. Con ela practicaba e tomaba notas de navegación, ata que a finais dos anos cincuenta comeza a competir.
Nos anos seguintes, e a bordo do seu barco máis popular, o Chuvias, percorreu todo o mundo participando en distintos campionatos estatais e internacionais. Vencedor de 618 competicións, conseguiu ser campión de España en cinco ocasións, pero o seu éxito deportivo máis importante foi acadar o subcampionato de Europa en clase snipe celebrado en Estocolmo, o 17 de agosto de 1960. O seu tripulante era o tamén vigués Xulio Ribó. Uns meses despois, nos campionatos do mundo celebrados nas Palmas de Gran Canaria en 1961, obtiveron a cuarta posición.
O éxito de Armada e Ribó marcou un fito na historia deste deporte, tanto en España como en Galiza, e en particular na clase snipe. Cholo Armada seguiu competindo, e chegou a participar en 44 campionatos estatais, de distintas categorías, e nun campionato de Europa na categoría de cruceiro, na embarcación que capitaneaba Xoán de Borbón, conde de Barcelona.
Foi presidente da Federación Galega de Vela dende 1978 ata 1990 e socio de honra do Club Náutico de Vigo e do Club Náutico de Panxón.
Obra
[editar | editar a fonte]- Chuvias, 1952-2000, Ed. Ir Indo, 2002
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giráldez Lomba 2010, p. 21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 21. VG 955-2010.