Ángel Barajas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ángel Gabriel Barajas Vivas 12 de agosto de 2006 (18 anos) Cúcuta, Colombia |
Actividade | |
Ocupación | ximnasta |
Deporte | ximnasia artística |
Participou en | |
27 de xullo de 2024 | ximnasia nos Xogos Olímpicos de 2024 - barra fixa masculino (2º) |
Ángel Gabriel Barajas Vivas, nado en Cúcuta, Norte de Santander; o 12 de agosto de 2006, é un deportista colombiano que compite na ximnasia artística. Gañou dúas medallas de ouro no Campionato Mundial Xuvenil de Ximnasia Artística no 2023, onde quedou como subcampión (medalla de prata) na competencia «All around».[1] En agosto de 2024, obtivo a súa primeira medalla olímpica ao gañar a prata nos Xogos Olímpicos de París 2024.[2] Desta maneira, converteuse no primeiro deportista colombiano en obter unha medalla olímpica nesta disciplina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barajas naceu na cidade de Cúcuta, Norte de Santander e é fillo de Angélica María Vivas e Wilson Barajas, e ten dous irmáns máis vellos.[3] Dende o 2011 adestra na liga Norte de Santander, xunto a ximnastas como Jossimar Calvo e é adestrado por Jairo Ruiz Casas.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ángel Barajas, la nueva joya de la gimnasia artística colombiana". Comité Olímpico Colombiano. 18 de xaneiro de 2024. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ "Ángel Barajas consiguió la primera medalla para Colombia en París 2024: se colgó la plata". bluradio.com.
- ↑ 3,0 3,1 Rengifo, Lisandro Abel (10 de maio de 2022). "Ángel Barajas: así es el nuevo diamante de la gimnasia colombiana". El Tiempo. Casa Editorial El Tiempo. Consultado o 21 de abril de 2024.