Ángel Carro Crespo
Biografía | |
---|---|
Morte | 21 de outubro de 1956 Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Ángel Carro Crespo[1] (tamén citado polo antropónimo galeguizado Anxo), finado en Lugo o 21 de outubro de 1956, foi un empresario galego e valedor do deporte en Lugo durante o franquismo.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi presidente da Cámara de Comercio da cidade de Lugo[3] así como do Círculo das Artes (neste último caso entre os anos 1934 e 1940)[4].
En 1936, en calidade de Presidente da Cámara de Comercio luguesa, enviou á Comandancia Militar 120 paquetes de cigarrillos, para a súa distribución entre as forzas de orde (Exército e Garda Civil) que o 23 de xullo de 1936 comezaron as detencións de destacados persoeiros locais.[5]
Nas primeiras eleccións municipais celebradas tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi un dos cinco concelleiros pola circunscrición de Lugo,[6] concello do que foi primeiro tenente-alcalde. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Lugo.
Deporte
[editar | editar a fonte]Foi presidente da Ximnástica Lucense na década de 1940, até 1947, ano no que dimitiu.
Tanto o vello (que fora unha doazón de Carro Crespo á Ximástica Lucense[7]) coma o novo (inaugurado en 1974) estadio Anxo Carro onde disputa os seus partidos o Club Deportivo Lugo está nomeado na súa honra[8].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado comendador da Orde do Mérito Civil en 1956.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses, reportaxe en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 (en castelán).
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-10-1956, p. 11.
- ↑ Información na páxina 8 do diario ABC (edición de Andalucía) o martes 2 de outubro de 1956. (en castelán)
- ↑ Presidentes do Círculo das Artes Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine., páx. 9.
- ↑ El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en El Progreso o 22 de xullo de 2006. (en castelán)
- ↑ Las primeras elecciones municipales del franquismo Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Lugo se queda con un solo campo de fútbol, publicado en El Mundo Deportivo o venres 26 de agosto de 1977. (en castelán)
- ↑ Estadios de fútbol con nombres franquistas Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ [http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1956/10/02/008.html ABC, 2-10-1956, p. 8.