Ángel Lázaro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1900 Velle, España |
Morte | 22 de febreiro de 1985 (85 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Ángel Lázaro Machado, nado en Velle (Ourense) o 27 de xaneiro de 1900 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1985, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba aos trece anos. Comezou a colaborar en El Comercio e noutras publicacións da Habana. En 1919 escribiu en El Nacionalista co pseudónimo de Olán Clarín. Publicou poemas en Diario de la Marina, Galicia, Eco de Galicia, Chic e Diario Español. En 1923 estableceuse en Madrid obtendo éxito como dramaturgo, onde foi redactor de La Libertad e escribiu artigos para Blanco y Negro. Coa Guerra Civil marchou de novo a Cuba. Colaborou no diario Pueblo e foi director da antifranquista Revista de España. Pasou unha tempada en México como crítico teatral e xornalista. Despois escribiu en Cuba o programa de radio Páginas de España (1947) con Manuel Millares Vázquez. Co triunfo da Revolución cubana regresou a Madrid onde morreu en 1985.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- El remanso gris, 1920.
- Confesión, 1927.
- Antología poética, 1940.
- Canción de Martí, 1953.
Teatro
[editar | editar a fonte]- El circo de la verbena, 1933.
- La casada sin marido, 1936.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Biografía de Jacinto Benavente, 1930.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. pp. 439–440. ISBN 978-84-323-1387-5. Consultado o 16 de xaneiro de 2013.