Saltar ao contido

Ángel Padín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Padín Panizo
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 2014 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOlga Viaño Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1042187 BUSC: padin-angel-1930-2014

Ángel José María Padín Panizo, nado na Coruña o 11 de novembro de 1930 e finado na mesma cidade o 1 de abril de 2014, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nos anos cincoenta Padín estudou xornalismo en Madrid, antes de que se crease a licenciatura correspondente. Posteriormente licenciouse e doutorouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Como xornalista traballou sobre todo en La Voz de Galicia, en diferentes etapas da súa vida, en El Correo Gallego, ABC e en El Ideal Gallego, que dirixiu entre 1985 e 1988. Tamén foi xefe de prensa da Universidade da Coruña, durante o tempo en que José Luis Meilán Gil foi o reitor, así como presidente da Asociación da Prensa da Coruña, unha agrupación de xornalistas de ámbito local.

A súa especialización foi a arte. Académico da Academia Galega de Belas Artes, enfocou a súa erudición especialmente á época en que Pablo Ruiz Picasso viviu na Coruña.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casado coa xornalista e directora de El Ideal Gallego, Olga Viaño[1].