Ángel Suances Piñeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Ferrol, España |
Morte | 5 de decembro de 1949 (66/67 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | militar, escritor |
Membro de | |
Premios | |
Ángel Suances Piñeiro, nado en Ferrol en 1882 e finado na Coruñao 5 de decembro de 1949,[1] foi un militar e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Capitán de fragata e Axudante Maior do Arsenal de Ferrol cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, participou como testemuña no proceso contra Antonio Azarola.[2] Foi comandante de Mariña de Ferrol dende 1939. Foi o creador e primeiro director da Escola Náutica da Coruña. Foi nomeado contraalmirante en 1944, coincidindo co seu retiro.[3] Colaborou na Revista General de la Marina e nos Cuadernos de Tiro Naval. Tamén colaborou en El Correo Gallego cunha columna diaria baixo o seudónimo Aspi. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falleción el contralmirante don Ángel Suanzes Piñeyro". La Noche. 6 de decembro de 1949. p. 2.
- ↑ "Antonio Azarola Gresillón, el contralmirante y ex ministro de Marina fusilado en Ferrol.". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ Diario de Burgos, 11-11-1944, p. 4.