Ángela Loij
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1900 Río Grande, Arxentina (pt) |
Morte | 18 de maio de 1974 (73/74 anos) Río Grande, Arxentina |
Causa da morte | doenza |
Residencia | Arquipélago de Terra de Fogo |
Ángela Loij López, nada en Estancia Clara, Río Grande c. 1900 e finada na Terra do Fogo o 28 de maio de 1974, foi unha muller selk'nam, coñecida como a última representante do pobo amerindio dos selk'nam que habitou o arquipélago de Terra do Fogo, nos actuais territorios da Arxentina e Chile.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Loij, era pastor de ovellas.[2] Sendo moi nova, ela casou con Nelson Qànqòt, un haush fillo dun indíxena chamado Kankoat,[3] e tivo dúas fillas e un fillo con el, Víctor Nelson (nado en 1919), Laura Soto (nada en 1922) e Luisa Nelson (nada en 1926). Todos morreron de tuberculose en 1938 sen deixar descendencia.
Estímase que contra o ano 1881, ao momento de iniciarse a colonialización moderna do arquipélago, vivían en total uns catro mil indíxenas selk'nam, estando aproximadamente a metade en territorio chileno, e a outra metade en territorio arxentino. A fins do século XIX, a explotación do ouro en ríos sureños e o explosivo desenvolvemento da gandaría aumentaron progresivamente a cantidade de colonos no sector. Isto, sumado especialmente ao xenocidio selk'nam e a introdución de enfermidades infecto-contaxiosas foráneas, provocou unha rápida e crítica diminución da poboación. Contra o ano 1966 só quedaban trece indíxenas de orixe selknam, na súa maioría mestizos, no sector arxentino do arquipélago. Unha das últimas foi Lola Kiepja, sendo Ángela Loij a última indíxena de sangue puro desta etnia.[4]
Os seus testemuños foron documentados pola antropóloga franco-estadounidense Anne Chapman, especializada no estudo dos pobos fueguinos.[5]
Hoxe en día, hai unha escola arxentina co seu nome.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thereedfoundation.org (27 de maio de 1975). "Angela Loij". Consultado o 1 de xuño de 2011.
- ↑ "Loij profile". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-03. Consultado o 2014-06-10.
- ↑ El último confín de la Tierra. 1952. pp. 243–244.
- ↑ Biografía de Chile. "Historia de Chile: Orígenes de Chile. Onas". Consultado o 26 de maio de 2013.
- ↑ Ricardo Santiago Katz: Agencia Nova (14 de outubro de 2004). "Angela Loij: la última ona". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 28 de maio de 2012.
- ↑ Frites, Eulogio. "EL DERECHO DE LOS PUEBLOS INDÍGENAS" (PDF).