Saltar ao contido

Ángeles Sorazu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngeles Sorazu
Biografía
Nacemento(es) Florencia Sorazu y Aizpurúa Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Zumaia, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1921 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo vasco Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa católica, escritora Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioÁngeles Sorazu Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde da Inmaculada Concepción Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1154718

María de los Ángeles Sorazu (Zumaia 22 de breiro 1873 – Valladolid, 28 de agosto de 1921) foi unha relixiosa concepcionista e escritora mística vasca.[1]

Nacemento e familia

[editar | editar a fonte]

Nada[2] como Florencia Sorazu y Aizpurúa, filla de Mariano e Antonia. O seu proxenitor transportaba e vendía peixe. Pasou coa súa familia desgrazas e privacións e mudouse de domicilio varias veces, estabelecéndose en Zestoa, Donostia e Tolosa. Entrou aos trece anos a traballar como serventa nunha familia de San Sebastián e despois traballou nunha fábrica téxtil en Tolosa.

Logo, seguindo os consellos do seu confesor de recibir leccións de música, entrou nun convento sen ter que depositar a súa familia un dote.

Primeiros anos de vida relixiosa

[editar | editar a fonte]

En 1891, invitada pola abadesa do convento da Purísima Concepción de Valladolid, ingresou para ocupar unha praza de cantora no coro. Ao tomalo hábito recibiu o nome de Sor María de los Ángeles. Despois de dous anos de dúbidas, en 1893, produciuse na súa persoa unha conversión interior, practicando a partir de entón máis intensamente a piedade e a oración.

A petición de Sor Ángeles, o seu convento celebrou a noite do 31 de decembro de 1900, unha solemne acción de grazas tributado á Virxe María durante o século XIX e singularmente pola definición do dogma da Inmaculada Concepción. En 1904, foi escolleita Madre Abadesa do convento.

En tres ocasións anteriores, a monxa obtivera a maioría dos votos das outras relixiosas para ser abadesa, mais a autoridade eclesiástica non confirmou o seu nomeamento por falta de idade requirida até 1904. Dende esta data, en sucesivas eleccións trienais, foi escolleita de novo abadesa até a súa morte, aos 48 anos, en 1921.

Como abadesa procurou aumentar a relixiosidade do convento, dando ela os exercicios espirituais previos ás consagracións das monxas. Era rigorosa na disciplina, coidando o silencio, a liturxia e a distribución do tempo de oración, actuando con caridade na reprensión das faltas ou relaxacións; polo que a comunidade a apreciaba. Ela mesma traballaba no lavado, no servizo ás monxas enfermas ou necesitadas e na limpeza do Convento

Fronte á situación económica deficiente, era prudente nos gastos, e nas débedas coidadosa, recibindo esmolas para sobrevivir.

A súa formación regrada limitouse ao nivel chamado entón de párvulos, pero como escribiu Sor Ángeles, no convento e no seu trato con Deus e a Santísima Virxe adquiriu os seus coñecementos.[4] Con esa escasa formación académica, destaca a facilidade con que manexaba os conceptos e as palabras e expresións; citando incluso frases e textos latinos, sen ter tido instrución en latín.

  • La vida espiritual (1918) – De contido místico
  • Opúsculos marianos[5]
  • Exposición de varios pasajes de la Sagrada Escritura (1926).
  • Autobiografía Espiritual (Reeditada en 1990)
  1. O seu biógrafo Luis Villasante menciónaa como unha das primeiras figuras mundiais da mística experimental [1]
  2. Biografía de Ramón Olmos Miró
  3. Segundo Baldomero Jiménez Duque, Sor Ángeles Sorazu deixou uns escritos místicos tan densos e penetrantes como os de Santa Tareixa de Xesús e dun misticismo comparable a San Juan de la Cruz
  4. Carta ao P. Nazario Pérez S.I. autor da obra Vida Mariana (1913) con cuxa espiritualidade se identificou Sor Ángeles e ao que enviou os seus escritos, con permiso do seu confesor. [2] Arquivado 07 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
  5. Nos seus escritos destaca o seu coñecemento da gloria da mediación universal de María e mostran como Sor Ángeles é unha destacada escritora mariana. Ao morrer, foi enviado ao Papa reinante Bieito XV un debuxo, que recolle a súa visión de María, como Medianeira Universal [3] Arquivado 21 de novembro de 2008 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Itinerario místico de la Madre Ángeles Sorazu. Melchor de la Pobladura ,OFMCap 1942 a 1958 , contén as cartas de Sor Ángeles ao seu confesor.
  • La sierva de Dios M. Ángeles Sorazu, concepcionista franciscana. Estudio místico de su vida, Luis Villasante, ofm, 1950.
  • Sor Angeles Sorazu, una mística poco conocida, José Miguel López Cuétara, 1993.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]