Árabe iemení
Árabe iemení | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [mjaːkufutss̩] | |
Falado en: | Iemen, Arabia Saudita, Somalia e Djibuti | |
Total de falantes: | 15,1 millóns (2011) | |
Familia: | Semítica Semítica central Arábiga Peninsular Árabe iemení | |
Escrita: | Alfabeto árabe | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ayn
| |
Mapa | ||
Status | ||
O árabe iemení[1] é un conxunto de variedades do árabe falado no Iemen e no suroeste de Arabia Saudita, así como en Somalia[2][3] e Djibuti.[4] Polo xeral é considerado como unha variedade moi conservadora, mantendo moitos trazos do árabe clásico que non se observan na maioría dos países de fala árabe.
O árabe iemení pódese dividir en varios grupos dialectais principais, cada un co seu propio vocabulario distintivo e fonoloxía. Os máis importantes destes grupos son o árabe san'ani, o árabe ta'izzi-adeni (tamén chamado árabe iemení do sur ou árabe de Djibuti),[5] o árabe tihamiyya e o árabe hadhrami. O árabe iemení emprégase para as comunicacións diarias e non ten un status oficial; o árabe estándar moderno emprégase con propósitos oficiais, na educación, o comercio e os medios de comunicación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iemení.
- ↑ Dalby, Andrew (1999). Dictionary of Languages: The Definitive Reference to More Than 400 Languages. Bloomsbury Pub Ltd. p. 25. ISBN 978-0231115681.
- ↑ "Somalia". ethnologue.com. Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ "Djibouti". ethnologue.com. Consultado o 16 de abril de 2018.
- ↑ Ethnologue (ed.). "Arabic, Ta’izzi-Adeni Spoken". Consultado o 12 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a proba da Wikipedia en Árabe iemení |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gravación do árabe iemeníArquivado 16 de xullo de 2015 en Wayback Machine.