Área metropolitana de Iacarta
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Indonesia | ||||
Provincia | Xava occidental ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 31.760.000 (2016) ![]() | ||||
A área metropolitana de Iacarta, tamén chamada Grande Iacarta (e localmente Jabodetabekpunjur polas letras iniciais das maiores cidades e provincias que o compoñen: Iacarta, Bogor, Depok, Tangerang, Bekasi e estendido aínda máis para incluír a rexión de Puncak da rexencia de Bogor e partes da rexencia de Cianjur) é a meirande megalópole de Indonesia.
Demografía
[editar | editar a fonte]A illa de Xava, onde se asenta a gran metrópole, é unha das rexións do mundo máis densamente poboadas. Segundo o censo de 2020, a área metropolitana de Iacarta tiña unha poboación de 31 240 000 habitantes[1] e era a rexión máis poboada de Indonesia. Tamén era a área urbana meirande do mundo só por detrás de Toquio.
O peso de poboación da área metropolitana de Iacarta con respecto ao total nacional aumentou do 6,1% en 1961 ao 11,26% en 2010.[2] A poboación creceu aínda máis ata os 31,9 millóns segundo as estimacións oficiais de mediados de 2022,[3] e mesmo máis de se considerar a futura conurbación coa área metropolitana de Bandung ao sur.
División administrativa |
Provincia | Área
(km2) |
Poboación
(2023)[4] |
Densidade hab./km2
(2023) |
---|---|---|---|---|
Iacarta | Rexión especial de Iacarta | 660,98 | 11 350 328 | 17 172 |
Tangerang | Bantén | 178,35 | 1 899 514 | 10 651 |
Tangerang sur | Bantén | 164,86 | 1 404 785 | 8 521 |
Depok | Xava occidental | 199,91 | 1 927 867 | 9 644 |
Bekasi | Xava occidental | 213,04 | 2 496 198 | 11 717 |
Distritos urbanos centrais | 1 417,14 | 19 078 692 | 13 463 | |
Rexencia de Bogor | Xava occidental | 2 991,78 | 5 495 372 | 1 837 |
Cidade de Bogor | Xava occidental | 111,37 | 1 122 772 | 10 082 |
Rexencia de Bekasi | Xava occidental | 1 251,02 | 3 172 833 | 2 536 |
Rexencia de Tangerang | Bantén | 1 027,76 | 3 286 420 | 3 198 |
Rexencia de Cianjur (parcial) | Xava occidental | 277,24 | 438 070 | 1 580 |
Distritos suburbanos | 5 659,17 | 13 515 467 | 2 388 | |
Jabodetabek | 7 076,31 | 32 594 159 | 4 606 |
Fontes:
- Censo final de 2010 e censo final de 2020[5] / Badan Pusat Statistik - Indonesia.
- Indonesia: táboa de todas as divisións administrativas[6]/ Citypopulation.de
- Kemendagri, xuño de 2022 estimación. Téñase en conta que a pandemia tivo efectos sesgados nos datos do censo 2020 en comparación coas estimacións do ano anterior, a favor das cidades satélite, mentres que os datos posteriores á pandemia indican unha volta ás cidades centrais. Este efecto repítese para Bandung, Surabaya, Palembang e Medan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Indonesia: Administrative Division". Citypopulation.de.
- ↑ Rustiadi et al., Pembangunan Kawasan Transmigrasi Dalam Perspektif Pengembangan Wilayah & Perdesaan, 2012
- ↑ Badan Pusat Statistik, Jakarta, 2023.
- ↑ Censo oficial de 2023 por Kemendagri
- ↑ "Telusuri Data Berdasarkan Tabel Topik". www.sensus.bps.go.id. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2021. Consultado o 10 de marzo de 2021.
- ↑ "INDONESIA: Administrative Division". www.citypopulation.de.