Åbo Akademi
Åbo Akademi | |
---|---|
Edificio principal da Åbo Akademi. | |
Datos xerais | |
Localización | Turku, Finlandia |
Datos actuais | |
Reitor | Prof. Jorma Mattinen |
Alumnos | 6.245 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Tuomiokirkkotori 3 20500. Turku |
Páxina web | www.abo.fi |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Åbo Akademi é unha institución universitaria con sede en Turku, Finlandia. Foi fundada en 1918 e é a Universidade máis antiga da cidade. A Åbo Akademi é a única Universidade exclusivamente en lingua sueca que existe en Finlandia (Åbo é o topónimo sueco da cidade de Turku), aínda que a súa actividade non se limita á cidade de Turku, senón que conta con sedes en Vaasa, Jakobstad, Helsinqui e en Åland. A Åbo Akademi foi institución privada ata 1981, cando pasou a ser unha institución pública.
A Åbo Akademi non debe confundirse coa Kungliga Akademin i Åbo, que foi fundada en 1640 en Turku pero trasladada a Helsinqui tralo lume que arrasou boa parte da cidade de Turku en 1827 e que actualmente é coñecida como Helsingin yliopisto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Åbo Akademi |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Sitio web oficial (en sueco) (en finés) (en inglés)