Tresmilonce
Tresmilonce | |
---|---|
Orixe | A Coruña, Galicia |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, rock progresivo |
Membros | Rolo Dabe Miguel Ángel Duro |
Na rede | |
Bandcamp | |
Tresmilonce (anteriormente coñecidos como Ånima) é unha banda de rock alternativo/progresivo que naceu no ano 2010 na Coruña. Gravaron o seu primeiro álbum, titulado Tresmilonce, despois de tres anos de ensaios no local e, logo diso, presentaron o seu primeiro directo no Aversion Fest (Burela). No ano 2013 gañaron case todos os concursos aos que se presentaron e compartiron escenario con grandes grupos da escena musical grazas a ter tocado no Resurrection Fest (con The Flatliners), no FIRC (con Def Con Dos), no Mareira Fest (con no ), Nordestazo (con Los Enemigos, Barón Rojo…), no Noroeste Pop Rock (con Madness), no Sada Rock (xunto a Los Suaves), no Oistes Rock (con Mägo de Oz, La Fuga e Heredeiros da Crus) e no Castelo Rock (con Molotov e Mojinos Escozíos, entre outros). Así, entre concerto e concerto, foron esgotando practicamente todas as copias editadas dun primeiro disco, que lles propiciou críticas positivas e un bo acollemento.
En 2017 fixeron unha xira de presentación do seu segundo disco, En Guerra, cuxa gravación se levou a cabo grazas a unha existosa campaña de micromecenado.[1]
Despois duns dous anos de parón a banda regresou en 2020 cun novo nome, Tresmilonce, debido a que non tiñan rexistrado o antigo e outro artista fíxose con el.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Tresmilonce | 2012 | |
En Guerra | 2017 |
Membros
[editar | editar a fonte]O grupo fórmano:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ånima - Segundo disco. ("Ånima volvemos al estudio con el segundo disco, que verá la luz en otoño de 2016). En Verkami.com. (En castelán)
- ↑ Silva, Melanie (2020-04-28). "Tresmilonce, nueva etapa de los coruñeses Ånima". Rock Culture (en castelán). Consultado o 2024-06-16.
- ↑ "Biografía: quiénes somos". Na páxina web do grupo. (En castelán)