MusicBrainz
MusicBrainz | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | base de datos de música en liña, metadata registry (en) ![]() ![]() | ||
Parte de | Web semántica ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Robert Kaye ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 17 de xullo de 2000 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Contacto | |||
Páxina WEB | musicbrainz.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc.[1] O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.[2]
Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas. As obras rexistradas poden conter outra información como a data de gravación, país de orixe ou a duración das cancións. Os usuarios finais poden utilizar programas que se comunican con MusicBrainz para etiquetar os seus arquivos de son como MP3, Ogg Vorbis ou AAC.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC (ed.). "MusicBrainz". Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ MusicBrainz (ed.). "Database Statistics". Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MusicBrainz ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)