Vorbis
Aparencia
(Redirección desde «Ogg Vorbis»)
Vorbis é un proxecto completamente aberto e gratuíto de códec da Xiph.org Foundation. Emprégase xeralmente en combinación co contedor Ogg, formando o que se denomina Ogg Vorbis.
O desenvolvemento de Vorbis foi iniciado despois de que en setembro de 1998 Fraunhofer Gesellschaft fixese pública a súa intención de trocar a licenza do formato MP3. A primeira versión estable do códec, a 1.0, publicouse o 19 de xullo de 2002. A última versión, a 1.1.0, foi publicada o 22 de setembro de 2004. O formato Vorbis é amplamente empregado nos sistemas baseados en Linux.
Características técnicas
[editar | editar a fonte]- Relación de bits (bitrate): 45 a 500 kbits/s (variable).
- Frecuencia de mostraxe: 44.1 kHz (a calidade dun cd de son estándar).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Frecuencia de mostraxe
- Relación de bits
- Ogg Theora
- AAC
- AIFF
- LAME
- Mp3PRO
- MPC (tamén coñecido coma Musepack ou MPEGPlus/MP+)
- RealAudio
- WAV
- Windows Media Audio (WMA)