2004
Aparencia
2004 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2004 MMIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2757 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1453 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4700 – 4701 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5764 – 5765 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2059 – 2060 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1926 – 1927 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5105 – 5106 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1382 – 1383 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1425 – 1426 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2254 | ||||||||||||||||||
|
2004 (MMIV) foi un ano bisesto comezado en xoves, e terminado en venres, segundo o calendario gregoriano; foi ano santo xacobeo, cuarto do terceiro milenio e quinto da década de 2000.
Foi designado o Ano Internacional do Arroz polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Foi tamén o Ano do Mono e do elemento madeira, segundo o horóscopo chinés.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro: o voo 604, un Boeing 737 das Flash Airlines exipcias, estrélase no mar Vermello e morren os 148 pasaxeiros e tripulantes.
- 3 de xaneiro: a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte.
- 17 de xaneiro: Josu Jon Imaz substitúe a Xabier Arzalluz como presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do PNV).
- 29 de febreiro: Jean Bertrand Aristide deixa o poder en Haití.
- 11 de marzo: 191 persoas mortas nun atentado de Al Quaeda en Madrid.
- 14 de marzo: eleccións ao parlamento español co resultado da vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero. Durante os tres días previos produciuse un intenso debate social e diversas manifestacións.
- 29 de marzo: Estonia pasa a formar parte da OTAN.
- 1 de maio: a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia.
- 27 de outubro: dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba no Prestige e o barco Polar Prince abandona definitivamente a zona do afundimento. A operación custou 100 millóns de euros[1].
- 26 de decembro, no noroeste da illa de Sumatra prodúcese un terremoto submarino, dunha magnitude estimada de 9.0, que provocou un tsunami que devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, causando a morte de entre 240 000 e 300 000 persoas.
- O Camiño de Santiago recibe o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, como lugar de peregrinación e encontro entre persoas e pobos.
- Celebración do Foro Social Mundial en Bombai.
- A finais de ano 9 países informaron de focos de gripe aviaria H5N1 (8 en aves domésticas): Camboxa, a China, Corea, Indonesia, Laos, Malaisia, Tailandia, Vietnam e o Xapón.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 9 de xaneiro - Norberto Bobbio, filósofo e politicólogo italiano.
- 14 de febreiro - Marco Pantani, ciclista italiano.
- 17 de febreiro - José López Portillo, político e expresidente de México.
- 28 de febreiro - Carmen Laforet, escritora española.
- 4 de marzo - Fernando Lázaro Carreter, filólogo e académico español.
- 6 de marzo - Luísa Villalta, escritora galega.
- 15 de marzo - John Pople, químico británico Premio Nobel de Química.
- 17 de abril - José Rodríguez López, empresario galego (n. 1910).
- 3 de maio - Alberto Puente García, dirixente comunista galego (n. 1918).
- 9 de maio - Ajmad Kadirov, presidente de Chechenia.
- 5 de xuño - Ronald Reagan, expresidente estadounidense.
- 10 de xuño - Ray Charles, cantante e compositor estadounidense.
- 16 de xuño - Antón Tovar, poeta galego.
- 1 de xullo - Marlon Brando, actor estadounidense.
- 2 de xullo - Sophia de Mello Breyner Andresen, poeta portuguesa.
- 28 de xullo - Francis Crick, científico inglés, codescubridor da estrutura do ADN.
- 2 de agosto - Henri Cartier-Bresson, fotógrafo francés.
- 14 de agosto - Czesław Miłosz, escritor polaco, Premio Nobel de Literatura en 1980.
- 8 de setembro - Manuel María, poeta de Outeiro de Rei.
- 24 de setembro - Françoise Sagan, escritora francesa.
- 1 de outubro - Richard Avedon, fotógrafo británico.
- 5 de outubro - Maurice Wilkins, físico inglés codescubridor da estrutura do ADN.
- 8 de outubro - Jacques Derrida, filósofo francés.
- 9 de novembro - Stieg Larsson, xornalista e escritor sueco.
- 11 de novembro - Yaser Arafat, presidente da Autoridade Nacional Palestina.
- 28 de decembro - Susan Sontag, escritora estadounidense.
- 30 de decembro - Agustín Sixto Seco, médico galego.
- Física: David J. Gross, H. David Politzer e Frank Wilczek
- Química: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose
- Fisioloxía ou Medicina: Richard Axel e Linda B. Buck
- Literatura: Elfriede Jelinek
- Paz: Wangari Maathai
- Economía: Finn E. Kydland e Edward C. Prescott
Día das Letras Galegas dedicado a:
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 28.10.2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2004 |