Ægidius Elling
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1861 ![]() Christiania, Noruega (pt) ![]() ![]() |
Morte | 27 de maio de 1949 ![]() Oslo, Noruega ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, inventor ![]() |
Familia | |
Irmáns | Catharinus Elling Jacoba Elling ![]() |
Jens William Ægidius Elling, nado en Oslo o 26 de xullo de 1861 e finado en 1949, foi un inventor noruegués, considerado o pai da turbina a gas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Patentou a súa primeira turbina a gas en 1884 pero non foi ata 1903 que construíu a primeira turbina desta clase que era capaz de xerar máis enerxía ca consumida. O seu aparello usaba tanto compresores rotativos e turbinas para producir 11 cabalos de vapor,[1] e podía soportar temperaturas de 400 °C.
Seguiu a desenvolver o concepto e en 1912 desenvolveu un sistema de turbina a gas coa unidade da turbina e o compresor afastados. Elling tamén traballou no desenvolvemento das máquinas de vapor, bombas hidráulicas, compresores etc. En 1914 publicou Billig opvarmning: veiledning i at behandle magasinovner økonomisk og letvint.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gas Turbine Engines - The History of Gas Turbine Engines". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 04 de xaneiro de 2009. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ægidius Elling |