Saltar ao contido

Ève Curie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÈve Curie

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Ève Denise Curie Editar o valor en Wikidata
6 de decembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
13º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 2007 Editar o valor en Wikidata (102 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMetairie Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova York (–2007)
Inglaterra
Estados Unidos de América
Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónCollège Sévigné Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, biógrafa, diplomática, membro da resistencia francesa, guionista, escritora, crítico musical, pianista, correspondente de guerra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNew York Herald Tribune (pt) Traducir, correspondente de guerra (1941–1942)
ONU Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeHenry Richardson Labouisse Jr. (1954–) Editar o valor en Wikidata
PaisPierre Curie Editar o valor en Wikidata  e Marie Curie Editar o valor en Wikidata
IrmánsIrene Joliot-Curie Editar o valor en Wikidata
ParentesJacques Curie, tío paterno
Józef Skłodowski, tío materno
Bronisława Dłuska, tía materna
Helena Skłodowska-Szaley, tía materna
Maurice Curie, male pure masculine first cousin
Helena Dłuska, female parallel cousin Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0192694 Allmovie: p316925
BNE: XX872281 WikiTree: Curie-31 Find a Grave: 22456774 Editar o valor en Wikidata


Ève Denise Julie Curie-Labouisse, nada en París o 6 de decembro de 1904 e finada en Nova York o 22 de outubro de 2007, foi unha escritora francesa. Foi a segunda filla de Marie e Pierre Curie, e en 1937 publicou unha aclamada biografía da súa nai. A súa vida estivo ligada aos premios Nobel: tanto os seus pais como a súa irmá, Irène Curie, foron galardoados co premio Nobel en ciencias, e o seu marido, Henry Richardson Labouisse, Jr. recibiu o Premio Nobel da Paz concedido a UNICEF, organización da que foi director.

Foi doutora honoris causa polo Mills College (California), o Colexio Russell Sage e a Universidade de Rochester.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu na casa familiar en Sceaux. Despois da morte do seu pai en 1906 e do matrimonio da súa irmá Irène co científico Frédéric Joliot, trasladouse a vivir a París coa súa nai. Estudou Ciencias e Filosofía no Collège Sévigné, graduándose en 1925. Foi concertista de piano, e realizou o seu primeiro concerto en París en 1925. Actuou en Francia e Bélxica até o estoupido da segunda guerra mundial.

Despois do falecemento da súa nai en 1934 escribiu a súa biografía, Madame Curie, que se converteu en supervendas mundial en 1938.

En 1940, caída Francia, instalouse no Reino Unido, onde se uniu á Francia Libre traballando para os Aliados até a fin da guerra. Escribiu Journey among Warriors, crónica das súas viaxes sobre as frontes da segunda guerra mundial. En 1944 fundou, xunto con Philippe Barrès, o periódico Paris-Presse, que codirixiu até 1949.[2]

En 1952 foi nomeada conselleira especial da Secretaría Xeral da OTAN. En 1954 casou con Henry Labouisse, presidente de UNICEF durante 15 anos, e en 1958 adquiriu a nacionalidade estadounidense. Foi administradora da Fundación Curie de 1957 a 1967, a título de representante de Marie Curie, creadora da fundación.

En 1939 foi nomeada membro da Lexión de Honor e da Orde Polonia Restituta.[3] En 1944 concédenlle a Cruz de guerra.[3] O 13 de xullo de 2005 foi nomeada Oficial da Lexión de Honor polas súas achegas á causa humanitaria.

  • Madame Curie (Gallimard, 1938)
  • They speak for a nation, letters from France (Doubleday, 1941)
  • Journey among Warriors (W. Heinemann, 1943)
  • Voyage parmi les guerriers (Flammarion, 1946)
  • Tradución ao francés da obra de teatro 145, Wall Street (1933)
  1. Dictionnaire biographique francais contemporain (1950), Ed. Pharos, vol. 2, pág. 196.
  2. Claude Bellanger: Histoire générale de la presse française, Ed. universitaires de France, 1969, tomo. IV, pág. 286.
  3. 3,0 3,1 Thomson Gale, Anne Commire, Donna Olendorf (1986): Something about the Author, Ed. Gale, vol. 1, pag. 73. ISBN 0810300508.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]