Saltar ao contido

Île aux Cochons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaÎle aux Cochons
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°06′09″S 50°13′54″L / -46.1025, 50.2317
EstadoFrancia
Territorio dependenteTerras Austrais e Antárticas Francesas Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie67 km² Editar o valor en Wikidata
Medición9 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude775 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMont Richard-Foy (en) Traducir (853 m) Editar o valor en Wikidata

A Illa dos Porcos (en francés:Île aux Cochons) é unha illa pertencente ao arquipélago das illas Crozet, un territorio subantártico situado ao sur do océano Índico e administrado por Francia. Forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Por mor da erosión das ondas o seu litoral está caracterizado por cantís que dificultan o acceso á illa, fóra da zona do cabo Verdoyant.

Actividade volcánica

[editar | editar a fonte]

Os estudos sobre a vulcanoloxía da illa foron efectuados no ano 1981 por G. Boudon.

A illa é un estrato volcánico de tipo central, do mesmo xeito que as illas de San Pablo e Amsterdam, sendo a maior altitude o cráter de Richard-Foy (770 metros). Parece que a illa formouse durante dúas fases distintas de actividade volcánica.

  • Primeira fase: Depósitos e formacións de 400 m nas orientacións leste-nordés e oeste-suroeste do norte da illa (zona chamada de Les Cinq Géants, e ao sur-sueste e norte-noroeste ao sur da illa (Pointe Sud).
  • Segunda fase: Producida logo da tectónica da fálla, pola axitación da caldeira do monte Richard-Foy, unha pequena caldeira axial aberta ao sur. Hai máis de 5.500 anos a caldeira, así como varios conos presentes nas súas inmediacións, estivo activa.

Aínda hoxe os volcáns permanecen potencialmente activos.

A fauna consiste esencialmente en aves (pingüíns e albatros) e mamíferos mariños (otarios e elefantes mariños. As saia sur do volcán, ao nivel do cabo Verdoyant, alberga unha das concentracións máis importantes de pingüíns reais.