Saltar ao contido

Ópalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ópalo
Ópalo multicor, Nevada (Estados Unidos)
Fórmula químicaSiO2·nH2O
ClaseSilicatos
SubclaseTectosilicatos
Sistema cristalinoNingún, amorfo
CorIncolora, branca, verde, azul, vermella e amarela
BrilloDe vítreo a resinoso
Dureza5-6,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónMoi imperfecta
RaiaBranca
Densidade1,9-2,2 g/cm3

O ópalo (do sánscrito upala que significa pedra preciosa) é un mineraloide da clase dos silicatos cuxa fórmula química é SiO2·nH2O (SiO2 cunha presenza de auga na súa composición do 4% ó 20%).

Debido á súa estrutura amorfa, o ópalo preséntase en forma de agregados amorfos, moitas das veces esferiformes. A súa coloración é moi variable e mesmo pódense encontrar variedades de ópalo multicor.

Variedades do ópalo

[editar | editar a fonte]
Opala de lume

Segundo a súa coloración pódense diferenciar diferentes variedades de ópalo:

  • Hialita, incolora e transparente. É a variedade pura do ópalo.
  • Ópalo leitoso, branco e opaco.
  • Ópalo común, de moi variada coloración e opaco.
  • Ópalo nobre, azul e translúcido.
  • Ópalo dourado, ou tamén chamado ópalo de lume é vermello alaranxado e translúcido.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

Aparece normalmente nas cavidades e grechas das rochas volcánicas. Asóciase con frecuencia coa calcedonia sendo moi difícil de diferenciar ámbolos dous minerais.

Noutrora os ópalos procedían dos xacementos, agora esgotados, de Eslovaquia. En Australia foron hachadas as primeiras fontes de ópalo en 1863. Hoxe concéntrase nesa illa o 98% do mercado mundial. A vila de Coober Pedy no deserto do sur de Australia depende case exclusivamente do mercado dos ópalos. En México explótase a variedade do ópalo dourado, ademais doutras cores.

Estrutura

[editar | editar a fonte]
Estruturación de esferas de sílice no ópalo nobre

Estrutura do ópalo nobre

[editar | editar a fonte]

O ópalo nobre, a única variedade do ópalo cunha estrutura interna relativamente cristalina en comparanza coas outras variedades deste mineral, está constituído por diminutas esferas de sílice dun tamaño aproximado duns 0,1 micrómetros. Estas partículas atópanse apiladas unhas xunto ás outras dando forma a un enreixado tridimensional (ver imaxe da esquerda). A auga aproveita os ocos que deixan entre si estas esferas para penetrar na estrutura pudendo, se aproveita todo o espazo dispoñible, chegar a acadar un volume do 20% do total da composición do ópalo.

Usos do ópalo

[editar | editar a fonte]

O ópalo, tallado en forma de cabuxón, é usado principalmente como pedra preciosa.

Os ópalos inservibles para seren utilizados na xoiería úsanse na industria como material abrasivo.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Debido á particular estrutura interna do ópalo, é o único mineral coñecido coa capacidade de reflectir os raios solares ou de luz e descompoñelos nas cores do arco da vella.

Outros silicatos

[editar | editar a fonte]

Outros minerais nos que a presenza de silicio é destacada son:

A olivina, a sodalita, a mica, o feldespato e o cuarzo (tamén formado por SiO2).