Óscar Guimeráns Rodríguez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1986 (38 anos) Pontevedra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Óscar Guimeráns Rodríguez, nado en Monte Porreiro (Mourente, Pontevedra) o 31 de outubro de 1986, é un exfutbolista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores da ACD A Seca, onde estivo ata os 14 anos. Probou sorte no Valencia CF, pero non se adaptou e ó pouco regresou a Galiza, indo ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Permaneceu cinco campañas nas súas filas, chegando a debutar na Terceira División co Deportivo B na tempada 2005–06, co que loitou por ascender a Segunda División B en 2006.
Un ano máis tarde incorporouse ao Portonovo SD, converténdose en fixo nas aliñacións do club. Xogou 37 partidos nos que anotou 10 goles e deu 9 asistencias, rematando a tempada na oitava posición.
No verán de 2007 optou por fichar polo Pontevedra CF, en Segunda División B.