Óscar Nevado de Bouza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1879 Cartaxena, España |
Morte | 29 de outubro de 1948 (69 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | militar, escritor |
Membro de | |
Óscar Nevado de Bouza, nado en Cartaxena o 21 de febreiro de 1879 e finado na Coruña o 29 de outubro de 1948, foi un militar e escritor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Felipe Nevado Molina, Condestable Maior da Armada, e María de Bouza Dobarro, orixinaria de Vilalba. Ingresou na Academia de Infantería en 1896. Participou na campaña de África. En xaneiro de 1936 asistiu con Francisco Franco aos funerais celebrados en Londres polo rei Xurxo V. Tenente coronel do Rexemento Zamora da Coruña, participou no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Organizou a Columna Óscar Nevado, coñecida como “Batallón Gallego", que partiu da Coruña o 26 de xullo e operou no sector de Ávila e Guadarrama. Foi Gobernador Militar de Toledo do 22 de outubro ao 26 de novembro de 1936. Recibiu o mando do Rexemento Zamora nº 29 en marzo do 1937, coa habilitación de coronel. Retirouse en 1941 e foi ascendido a xeneral honorario en 1942.
É autor de varios libros. Foi director do Ateneo Cultural e colaborador da Universidade Popular de Cartaxena. Foi membro da Real Academia Galega de Belas Artes, membro correspondente da Real Academia Galega (elixido en decembro de 1940),[1] presidente do Casino da Coruña e da Sociedad Filarmónica da Coruña. Colaborou en El Correo Gallego. Finou na Coruña o 29 de outubro de 1948.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- A mis reclutas (1912).
- El ejército ante la invasión napoleónica (1915).
- De literatura militar.
- Ligeras ideas acerca de la educación e instrucción del recluta.
- Ofrenda a mis reyes.
- La fortaleza del hombre y el corazón de la mujer.
- Clamores (poesía, 1940).
- Estados de alma (poesía, 1940).[3]
- De la guerra liberadora (1941).[4]
- La trágica farsa del paraíso soviético y la terrible realidad de su imperialismo militar (1944).
- Incienso y mirra (poesía, 1944).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz de San Hermenegildo.
- Cruz de 1ª Clase do Mérito Militar.
- Cruz de 1ª Clase de María Cristina.
- Unha rúa de Vilalba levou o seu nome dende os anos sesenta ata 2017.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Non casou, sendo a herdeira a súa curmá, Modesta Fernández Bouza.[6]