Óscar Rial Lago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1980 (44 anos) Isorna, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | político, deportista |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Óscar Rial Lago, nado en Isorna (Rianxo) o 22 de agosto de 1980, é un político e técnico deportivo galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado en INEF pola UDC. Foi xogador de diversos equipos de fútbol coma o CD Unión de Asados, o CD Boiro ou o CF Noia, ós que posteriormente adestraría. Foi técnico do servizo municipal de Deportes do concello de Rianxo e posteriormente traballador da piscina municipal, a cal dirixe dende 2014.
Involucrado no tecido asociativo do municipio, en outubro de 2022 anunciouse que sería o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Rianxo nas eleccións municipais de 2023[1], sendo ratificado pola militancia en novembro dese ano[2]. Nese mesmo mes fíxose público que o Patrón Maior da vila, Miguel Iglesias, formaría parte da súa candidatura como número 2[3]. Finalmente logrou un notable avance, sumando máis de 500 votos e subindo a 5 concelleiros, quedándose a tan só 20 votos da vitoria, a cal foi para a marea Rianxo en Común. Desta forma, pasou a ser portavoz do grupo na oposición, xa que Rianxo en Común optou por gobernar en minoría. Formou parte da candidatura do PSdeG-PSOE nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 pola provincia da Coruña.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado e ten 3 fillos.