Óscar Rodríguez López
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1903 ![]() Avilés, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 22 de xuño de 1976 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1920 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista, dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Óscar Rodríguez López, nado en Avilés o 10 de xuño de 1904 e finado en Santander en 1976, foi un futbolista e adestrador español. Desenvolveu case toda a súa carreira no Racing de Santander, club do que é o máximo goleador histórico.
Foi internacional coa selección española.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun pescador vigués e dunha avilesina, ao pouco de nacer instalouse coa súa familia na Coruña. Na cidade herculina comezou a xogar ao fútbol no Unión Sporting, equipo ao que capitaneou durante anos e onde se converteu nunha das maiores promesas do fútbol galego.[2]
Despois de xogar algúns partidos co Real Club Coruña, instalouse en Santander,[3] onde militou no Racing de Santander dende 1920. Tras un breve regreso á Coruña, onde vestiu a camiseta do Deportivo da Coruña, volveu ao Racing, no que xogou durante preto de 20 anos. Dianteiro centro rápido e con disparo potente, é o máximo goleador da historia do Racing, con 236 tantos.[4] Foi o dianteiro centro da primeira selección de fútbol de Cantabria en 1924, e o primeiro futbolista profesional inscrito en Cantabria tras a admisión do profesionalismo en 1926.
Na Copa do Rei de 1928 marcoulle un triplete ao Real Madrid e outro ao Atlético de Madrid, e con 15 goles foi o segundo máximo goleador da competición, a pesar de que o Racing quedou eliminado na fase de grupos. En 1929 os seus goles foron decisivos na fase de clasificación para decidir o décimo equipo que estrearía a Primeira División.[5] Na tempada 1930/31 acadou co Racing o subcampionato de liga, ao rematar só por detrás do Athletic Club. Nas súas últimas tempadas no Racing actuou como xogador-adestrador.
En 1940 fichou pola UD Salamanca, tamén como xogador-adestrador.
Selección española
[editar | editar a fonte]Coa selección española actuou en dúas ocasións, a primeira delas nun partido contra Portugal en Lisboa en 1925 e a segunda contra Suíza en Santander en 1927.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez Samperio, Raúl (1999). Futbolistas internacionales cántabros del siglo XX. Santander: Caja Cantabria. ISBN B492005165.
- ↑ "Oscar Rodriguez". El Balón (en castelán) (410). 18 de abril de 1932. p. 6. Consultado o 15 de xuño de 2024.
- ↑ Menéndez Llamazares, Javier (9 de xuño de 2012). "De la furia a la roja". El Diario Montañés (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Gómez Samperio, Raúl (19 de abril de 2013). "El gol de la novia". El Diario Montañés (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
- ↑ López Carreño, José (1 de marzo de 2015). "1929: El Racing de Santander, verdugo del Sevilla, por dos veces.". Cuadernos de fútbol (en castelán) (63). ISSN 1989-6379. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador Arquivado 10 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. coa selección española (en castelán).
- Nados en Avilés
- Nados en 1904
- Españois de ascendencia galega
- Futbolistas de Asturias
- Futbolistas de Galicia
- Centrocampistas de fútbol
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Racing de Santander
- Adestradores da UD Salamanca