Saltar ao contido

Ēmmanowel Dabaġyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaĒmmanowel Dabaġyan
Nome orixinal(hy) Էմմանուէլ Արք. Տապպաղեան Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Alepo (República de Siria) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 2018 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Bsumar, Líbano Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
4 de agosto de 2007 – 9 de outubro de 2017
← Paul Coussa (en) TraducirNerses Zabbara (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica armenia Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2007–), sacerdote católico (1967–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaInstituto do Clero Patriarcal de Bsumar Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónNarsés Pedro XIX Tarmouni Editar o valor en Wikidata

Ēmmanowel Dabaġyan,[1] I.C.P.B. (en armenio: Էմմանուել Դաբաղյան), nado o 26 de decembro de 1933 en Alepo (República Siria) e finado o 13 de setembro de 2018 en Beirut (Líbano) foi un relixioso siro-armenio, arcebispo católico armenio de Bagdad entre 2007 e 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 26 de decembro de 1933 en Alepo (República Siria).[2] Entrou no Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar, completou os estudos de Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, e o 25 de decembro de 1967 foi ordenado sacerdote.[2] Posteriormente exerceu diversos encargos como director dun orfanato, reitor dos seminarios menores de Bsumar e Alepo, párroco en Beirut, e párroco en Skhvilisi (Xeorxia).[2] En 2003 foi nomeado párroco de Tbilisi, responsable do seminario, e synkellos para Xeorxia do ordinariato católico armenio de Europa oriental.[2]

O 13 de setembro de 2006 foi elixido arcebispo de Bagdad polo Sínodo da Igrexa católica armenia, sendo confirmado no cargo o 26 de xaneiro de 2007 polo papa Bieito XVI.[2] Recibiu a ordenación episcopal de mans do patriarca Narsés Pedro XIX Tarmouni o 4 de agosto do mesmo ano.

Permaneceu no cargo até que se retirou o 9 de outubro de 2017. Volveu entón ao convento do seu instituto en Beirut, no Líbano, onde finou o 13 de setembro de 2018.

  1. Tamén Emmanuel Dabbaghian.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (26 de xaneiro de 2007). "RINUNCE E NOMINE". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano).