Saltar ao contido

.fi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.fi
Logo
Tipodominio de nivel superior xeográfico
Data de fundación1986
PaísFinlandia
Na rede
https://www.traficom.fi/en/communications/fi-domains/fi-domain-applicants-and-users
editar datos en Wikidata ]

.fi é o dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) para Finlandia. Está operado pola Autoridade Regulatoria de Comunicación de Finalndia (FICORA).[1]

Logotipo do dominio .fi. FICORA

O 4 de decembro de 1986, o Grupo Finlandés de Usuarios de Unix fixo unha solicitude de rexistro de dominio de primeiro nivel xeográfico para Finlandia, desde Tampere. A solicitude foi aceptada e a administración do .fi concedéuselle inicialmente á Universidade de Tecnoloxía de Tampere, aínda que máis tarde se lle transferiu primeiramente ao FICIX (Comunicación e Intercambio en Internet de Finlandia) e máis tarde á FICORA.

No pasado, FICORA regulou os dominios.fi dun xeito moi estrito. Os nomes de dominio só se admitían para nomes de compañías ou empresas que dispuxesen de marcas comerciais rexistradas. Esta política levou moitas empresas finlandesas a solicitar outros dominios de nivel superior diferentes. O criterio cambiou o 1 de setembro de 2003. Desde esa data, permíteselle rexistrar nomes baixo este dominio a calquera empresa.[2]

Desde o 1de setembro de 2005, os dominios .fi poden conter os caracteres escandinavos (ä, å, ö), aínda que o seu uso non se recomenda como dominio primario. Desde o 1 de marzo de 2006, Tamén os particulares poden acceder a este dominio. Porén, seguen vixentes algunhas restricións, como a de que os nomes de empresas e de marcas só poden ser solicitados polos seus respectivos titulares, para evitar a fraude.

FICORA comezou a apoiar a seguridade do sistema de nomes de dominio (DNSSEC) no dominio .fi a finais de 2010.[3]

  1. "Fi.domain". FICORA. (En inglés)
  2. "Fi-domain names now available for everyone all around the world". FICORA. (En inglés)
  3. Husa, Ari.Matti.".fi and DNSSEC". 2016. (En inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]