2010 FIFA World Cup South Africa (videoxogo)
2010 FIFA World Cup South Africa (videoxogo) | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | EA Vancouver |
Distribuidora(s) | EA Sports |
Lanzamento | 27 de abril de 2010 |
Xénero | jogo eletrônico de futebol |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador e videoxogo multixogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Wii, Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation Portable, PlayStation 2 e iOS |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
2010 FIFA World Cup South Africa é o videoxogo oficial do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, publicado por EA Sports.[1] O videoxogo foi anunciado o 26 de xaneiro do ano 2010 por GameSpot, e lanzado en Estados Unidos o 27 de abril de 2010.[1] Este xogo contén 199 das 204 seleccións de fútbol que existen no mundo e tamén inclúe as probas de clasificación para o mundial 2010, as únicas seleccións que xogaron as probas clasificatorias e que non aparecen no xogo son a República Central Africana, a Selección nacional de Eritrea, a Selección de Fútbol de São Tomé e Príncipe, Bután e Guam.
Ademais tampouco aparecen as seleccións de Brunei, Laos, Papúa-Nova Guinea e as Filipinas.
Valoracións
[editar | editar a fonte]O xogo foi valorado cun nove para a edición para PS3, cun oito con tres para Xbox, cun seis para PSP e cun seis con cinco para Wii.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 FIFA World Cup 2010 Q&A With Simon Humber Arquivado 07 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., uk.gamespot.com