24 Uurs Zeilrace
Tipo | evento deportivo anual |
---|---|
Deporte | vela |
O 24 Uurs Zeilrace é unha competición de vela que se celebra anualmente nos Países Baixos organizada pola Nederlandsche Vereeniging van Kustzeilers e que ten lugar no Markermeer, IJsselmeer, Mar de Wadden e Mar do Norte. Con arredor de 800 navíos e 5000 tripulantes é o maior evento de vela no país [1]. Organizado desde 1950 en diversas categorías, desde 2006 denomínase Delta Lloyd 24 Uurs Zeilrace como recoñecemento ao seu patrocinador.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O obxectivo da competición é cubrir en 24 horas a máxima distancia posible, navegando por algunha das rutas prescritas polo regulamento e delimitadas por boias, a clave da regata é a elección dunha estratexia correcta o coñecemento das correntes de vento, das mareas, das correntes, do tempo e do seu impacto no navío son cruciais para conseguir un bo resultado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Zeilwedstrijden in Nederland: de klassiekers NuZeilen.nl". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2018.