Saltar ao contido

Rally do Lacón de 1991

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «25º Rally do Lacón»)
Modelo:Competición deportivaRally do Lacón de 1991
Tipocarreira automobilística Editar o valor em Wikidata
Deporterally Editar o valor em Wikidata
Parte deRally Pazo Tizón e Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición25  (1991) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoGermán Castrillón Permuy Editar o valor em Wikidata

1990 Editar o valor em Wikidata
1992 Editar o valor em Wikidata

O Rally do Lacón de 1991 foi a 25ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 18 de maio de 1991 e o vencedor foi Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra Cosworth.[1]

Resumo[editar | editar a fonte]

Germán Castrillón dominou toda a proba e os únicos que se achegaron ao seu ritmo foron Manuel Senra e Peitos. Con todo, o primeiro non puido tomar a saída na sección vespertina por problemas mecánicos do seu Peugeot 205 GTI, mentres que o Citroën AX Sport do segundo rompeu na segunda pasada por Brués-A Almuzara.[2] Tras Castrillón entraron na meta tres pilotos carballiñeses: José María Magdaleno, Javier Paz e José María Banga.[3]

Pouco despois do inicio da proba, no segundo treito (Esposende - Val de Pereira) o Peugeot 205 de Sergio Vallejo saíuse da estrada levando por diante varios espectadores, que sufriron lesións de pouca gravidade. Con todo, o treito foi neutralizado e adxudicóuselles aos pilotos que aínda non pasaran por dito lugar o peor dos tempos dos que xa pasaran.[4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Automóbil
1 Galicia Germán Castrillón Ford Sierra Cosworth
2 Galicia José María Magdaleno Lancia Delta Integrale
3 Galicia Javier Paz Citroën AX Sport
4 Galicia José María Banga Citroën AX Sport
Abandonos
- Galicia Manuel Senra Peugeot 205 GTI
- Galicia "Peitos" Citroën AX Sport
- España Antonio Garrido Ford Sierra Cosworth

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Castrillón y su Sierra Cosworth dominaron de principio a fin". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 59. 
  2. "Castrillón, que ganó el Rally do Lacón, sigue arrasando en el campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 53. 
  3. "El Rally do Lacón tuvo un marcado sabor carballiñés". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1991. p. 50. 
  4. "El «Rally do Lacón» respondió a las expectativas de dureza y espectacularidad". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1991. p. 59. 


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1991
Sucesor:
Rally de Ourense