Saltar ao contido

Rally do Lacón de 1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRally do Lacón de 1992
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
Parte deRally Pazo Tizón e Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
Número de participantes45 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo13 de maio de 1992 – 14 de maio de 1992 Editar o valor en Wikidata
Número de edición26  (1992) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoManuel Senra Editar o valor en Wikidata

1991 Editar o valor en Wikidata
1993 Editar o valor en Wikidata

O Rally do Lacón de 1992 foi a 26ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 13 e o 14 de maio de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.[1]

Germán Castrillón dominou as primeiras dúas seccións das tres que compoñían o rally, mentres que Manuel Senra foi o máis rápido nos treitos nocturnos do domingo, que pechaban a proba. Os vehículos chegaron á meta con Castrillón na primeira posición e con Senra segundo, a 11 segundos do cabanés. Con todo, tras finalizar a carreira Senra puxo unha reclamación sobre o o primeiro paso por Cabanelas, treito que fora anulado e non contabilizado ao caer unha árbore na estrada despois de que xa pasaran seis participantes, incluído o propio Senra, pero non Castrillón. Os comisarios déronlle a razón e contabilizaron os tempos dos pilotos que completaron dito treito adxudicándolle ao resto o peor dos seis tempos. Con estes novos tempos a clasificación mudou e declarouse gañador a Manuel Senra. A decisión enfadou ao equipo dos Castrillón, que acusaron á organización de "regalarlle o rally a Senra" e prometeron que non volverían correr o Rally do Lacón,[1] promesa que mantiveron. O carballiñés José María Banga completou o podio.[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Copiloto Automóbil Tempo
1 Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v 1h04'29''
2 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 1h04'38''
3 Galicia José María Banga Galicia Modesto González Citroën AX Sport
5 Galicia José Carlos Táboas Galicia Manuel Gilsanz Citroën AX Sport
6 España Javier Azcona España Gonzalo Chaure Renault Clio 16v
Abandonos
- Galicia José María Magdaleno Galicia Manuel Campos Lancia Delta Integrale -
- Galicia Javier Paz Galicia Manuel García Citroën AX Sport -
  1. 1,0 1,1 "Una reclamación contra Castrillón otorga a Manuel Senra el triunfo en el Ralli do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). 15de xuño de 1992. p. 34. 
  2. "José María Banga fue el mejor entre los locales y tercero en la clasificación general". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 1992. p. 38. 


Predecesor:
Rally de Noia
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1992
Sucesor:
Rally de Ferrol