A-85
A-85 | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 33,5 km |
Localización | |
Inicio | A-8 Barreiros (Lugo) |
Fin | San Cibrao (Lugo) |
A A-85 é unha autovía española en proxecto, que prevé conectar as localidades de Barreiros e San Cibrao, na provincia de Lugo, discorrendo de forma paralela á costa cantábrica. A autovía será unha conexión da A-8 á altura de Barreiros coas localidades de Foz, Burela e co porto de San Cibrao, onde hai as maiores industrias do norte da provincia.
Características
[editar | editar a fonte]Este proxecto ten como obxectivo a construción dunha autovía que unha as localidades de San Cibrao, no termo municipal de Cervo e Barreiros, o que suporá unha alternativa á estrada nacional N-642, que discorre pola costa. Terá a súa orixe nas proximidades de San Cibrao, onde enlazará coa Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, de titularidade autonómica, aínda sen construír na súa maioría (agás a variante de Ortigueira, xa rematada). Enlazará en Barreiros coa autovía A-8.
Segundo a planificación da Xunta de Galicia, esta nova infraestrutura sería a continuación do eixo viario de alta capacidade entre Ferrol e San Cibrao, e pecharía o triángulo formado pola autovía do Cantábrico A-8, no tramo galego entre Ribadeo e Baamonde, e a autovía AG-64.
Tramos
[editar | editar a fonte]Tramo | Estado (2012) | km |
---|---|---|
A-8 Barreiros - Foz | DIA Aprobada (pendente licitación de proxecto) | 33,5 |
Foz - Burela | DIA Aprobada (pendente licitación de proxecto) | |
Burela - San Cibrao | DIA Aprobada (pendente licitación de proxecto) |