Saltar ao contido

A. A. Milne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A.A. Milne»)
Modelo:BiografíaA. A. Milne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Alan Alexander Milne Editar o valor en Wikidata
18 de xaneiro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Hartfield, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Trinity College
Westminster School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, prosista, dramaturgo, ensaísta, autor, oficial, escritor de literatura infantil, guionista, poeta, novelista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoLiteratura infantil, conto e Conto de fadas Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Rango militarcaptain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeDaphne Milne Editar o valor en Wikidata
FillosChristopher Robin Milne Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Vine Milne Editar o valor en Wikidata  e Sarah Maria Heginbotham Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir
ProDetLit (en) Traducir >>>:Милн Алан Александр, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0590316 Allmovie: p177777 IBDB: 3815
BNE: XX983687 Musicbrainz: c05e5179-1c79-41fe-8520-7b58b5230f3c Discogs: 789302 WikiTree: Milne-697 Find a Grave: 715 Editar o valor en Wikidata
Milne en setembro de 1922

Alan Alexander Milne, nado en Londres o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Hartfield o 31 de xaneiro de 1956 foi un escritor inglés, coñecido en especial polos seus libros sobre Winnie-the-Pooh.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio de Kilburn en Londres, o seu pai era John Vine Milne, natural de Xamaica e a súa nai Sarah Marie Milne. Educouse na pequena escola que dirixía o seu pai[1], e tivo como un dos seus profesores a H.G. Wells, que ensinou alí no curso 1889–90[2]. Grazas a unha bolsa de matemáticas estudo foi ao Trinity College de Cambridge, graduándose en 1903. Nesa época escribiu para Granta, unha revista estudantil[3], colaboraba co seu irmán Kenneth e os seus artigos aparecían coas iniciais AKM, o seu traballo recibiu atención da revista de humor Punch, e Milne converteuse en colaborador e máis adiante en axudante de editor. Milne tamén xogaba nun equipo de crícket afeccionado Allahakbarries ao lado de autores como J. M. Barrie e Arthur Conan Doyle.[4]

Durante a primeira guerra mundial serviu como oficial no Royal Warwickshire Regiment, destinárono no 4.º batallón o 17 de febreiro de 1915 como tenente segundo ata que o feriron o 7 de xullo de 1916 na batalla do Somme e volveu a Inglaterra. Tras recuperarse entrou na intelixencia militar escribindo artigos de propaganda para o MI 7b entre 1916 e 1918.[5] Licenciouse o 14 de febreiro de 1919 e estableceuse en Chelsea[6][7], mantendo o rango de tenente.[8]

Durante a segunda guerra mundial foi capitán da Home Guard en Hartfield & Forest Row. Tras unha apoplexía retirouse inválido en 1952 a unha granxa.

Actividade literaria

[editar | editar a fonte]

Ata 1925 publicou 18 obras de teatro e tres novelas, incluíndo o misterio criminal The Red House Mystery (1922). En 1924 deu ao prelo unha colección de poemas para nenos When We Were Vey Young, ilustrado polo debuxante principal de Punch E. H. Shepard. Unha colección de historias curtas infantís Gallery of Children publicouse en 1925.

Milne foi guionista para a nacente industria fílmica británica, escribiu catro historias que filmou Minerva Films en 1920: The Bump, protagonizada por Aubrey Smith; Twice Two; Five Pound Reward e Bookworms.[9] Pero a fama veulle polos seus dous libros Pooh, sobre un neno chamado Christopher Robin, baseado no seu propio fillo Christopher Robin Milne, e varios personaxes inspirados nos seus animais de peluche, en especial un osiño denominado Winnie-the-Pooh.

En 1930, Milne adaptou a novela O vento nos salgueiros de Kenneth Grahame para o teatro, Toad of Toad Hall[10] e unha introdución especial escrita por Milne incluíuse nalgunhas edicións da novela de Grahame.[11]

  1. Sherborne, Michael (2013). H.G. Wells: Another Kind of Life. Peter Owen Publishers. ISBN 978-0-7206-1348-3. 
  2. "Hampstead: Education". A History of the County of Middlesex 9: 159–169. 1989. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  3. Thwaite, Ann (2008). "Milne, Alan Alexander (1882–1956)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford, England: Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/35031. 
  4. "What is the connection between Peter Pan, Sherlock Holmes, Winnie the Pooh and the noble sport of cricket? BBC, 7 de maio de 2010
  5. Webb, Sam (24 de abril de 2013). "What would Pooh say? Files rescued from skip reveal how children's author AA Milne wrote propaganda for British military intelligence during World War One". The Daily Mail. 
  6. Finch, Christopher (2000). Disney's Winnie the Pooh: A Celebration of the Silly Old Bear. Disney Editions. p. 18. ISBN 978-0-7868-6352-5. 
  7. Davidson, Max (27 de marzo de 2013). "For sale: Winnie-the-Pooh creator A A Milne's home". The Daily Telegraph (London). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2017. 
  8. "Nº 29070". London Gazette (31786). 17 de febreiro de 1920. p. 2036. 
  9. Eforgan, E. (2010). Leslie Howard: The Lost Actor.
  10. Jill C. Wheeler (2010) "A. A. Milne". p. 19. ABDO Publishing Company,
  11. "Catalog of Copyright Entries. New Series: 1940-1943, Part 1". p. 449. Copyright Office, Library of Congress, 1940