A1C
Aparencia
A1C foi o nome dun traxe espacial presurizado pensado para usar nas misións do bloque I do proxecto Apollo e deseñado a partir do traxe G4C usado no programa Gemini. O traxe nunca chegou a voar debido á cancelación das misións Apolo do bloque I polo accidente que levou á morte dos astronautas da misión Apollo 1 na rampla de lanzamento durante unhas probas en terra.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ertel , Ivan D; Morse , Mary Louise; et al. (1966-1974). "The Apollo Spacecraft Chronology" I–IV.