AD Navyplane
AD Navyplane | |
---|---|
Tipo | recoñecemento |
Fabricante | Air Department/Supermarine |
Deseñado por | Harold Bolas |
Primeiro voo | agosto de 1916 |
Retirado | 1917 |
Estado | cancelado |
Principais usuarios | Royal Naval Air Service |
Unidades construídas | 1 |
O AD Navyplane foi deseñado polo Departamento de Aire do Almirantado Británico como avión de recoñecemento para ser usado na primeira guerra mundial. O rendemento do prototipo foi tan decepcionante que os plans para producilo canceláronse case inmediatamente.
O Navyplane foi deseñado por Harold Bolas do Almirantado coa asistencia def R.J. Mitchell de Supermarine. Era un hidroavión biplano pusher co piloto e o observador sentados diante das ás nunha góndola aerodinámica e lixeira montada no espazo entre as ás. Detrás deles instalouse un motor radial Smith Static e unha hélice en posición pusher.[1]
O Royal Naval Air Service (RNAS) pediu dous exemplares en 1916.[2] Asignaronse números de serie para sete Navyplanes (9095-'96, N.1070-'74) pero só se completou un prototipo (9095).[3] As probas con este aparello construído por Supermarine comezaron en agosto de 1916 (voado polo Tenente Comandante John Seddon) pero demostrou estar moi falto de potencia e ser insatisfactorio. O motor foi substituído por un motor xiratorio AR.1 (que despois foi redesignado BR.1 por Bentley Rotary 1) e volveu a probarse en maio de 1917. Porén, incluso sen carga militar e observador, o rendemento do Navyplane seguia sendo pobre,[4] e o deseño foi abandonado o 27 de agosto dese ano sen que se construíse un segundo prototipo.
Supermarine intentou deseñar unha versión mellorada para substituír o Short 184. O deseño resultante foi o Supermarine Patrol Seaplane, equipado cun motor de 200 hp (149 kW) Sunbeam. Aínda que conseguiu contratos por seis avións, Supermarine abandonou os traballos despois de fabricar un prototipo, ao demostra o Short 184 ser axeitado para o rol de patrulla marítima.[2][4]
Especificacións
[editar | editar a fonte]Datos de British Aeroplanes 1914-18[5]
Características xerais
[editar | editar a fonte]- Tripulación: 2
Rendemento
[editar | editar a fonte]- Duración: 6 hr
- Tempo a altitude: 30 min ata os 610 m
Armamento
[editar | editar a fonte]- Armas: 1 metralladora Lewis de 7,7 mm en soporte flexible para o observador
- Bombas: provisión para bombas
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrews, C. F., and Morgan, E. B. Supermarine Aircraft since 1914. Londres: Putnam, 1987, ISBN 0-85177-800-3.
- Bruce, J.M . British Aeroplanes 1914-18. Londres: Putnam, 1957.
- Mason, Francis K. The British Bomber since 1914. Londres: Putnam, 1994. ISBN 0-85177-861-5.